Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120501.Ferrol.1.jpg
  • 20120209.san_caetano.delegados.5.jpg
  • 20120511.gaias.13.jpg
Mércores, 27 Mai 2020

Para Función Pública o Protocolo de reincorporación vai vento en popa

O mércores 27 tivemos a primeira xuntanza da comisión de seguimento do Protocolo de reincorporación. Para a CIG o Protocolo quedou desactualizado nada máis publicarse, xa que ese mesmo día o Estado ampliaba o teletraballo a tres meses. Porén, coidabamos que se ía arranxar, xa que era un documento que tiña que someterse a actualización e revisión.

Sobre o papel a reincorporación ao traballo presencial debera ser segura, xa que as actuacións preliminares do protocolo obrigaban a unha ...


Mércores, 27 Mai 2020

Eres non docente en centro de ensino? Para a túa conselleira, non existes

Supoñamos que traballas nun centro escolar, e que tes ao teu coidado a menores de 13 anos ou maiores a cargo afectados polo peche dos respectivos centros. Si resulta que eres docente, a Consellería de Eduación tivo en conta as túas circunstancias e non terás que realizar traballo presencial por agora. Pero se eres non docente, estás fodido.

A Consellería de Educación publicou o venres 22 de maio unha Resolución pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020 [..] e ...


Mércores, 27 Mai 2020

Xuntanza do persoal técnico do servizo de prevención de incendios forestais por un novo acordo

O persoal técnico do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galiza reuníuse o luns 25 nunha teleasemblea para analizar a falta de interese da Xunta a negociar as condicións de traballo do colectivo.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT E CSIF levamos á mesa de negociación aberta o pasado 9 de agosto de 2019 as demandas dos enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes, que traballan en tarefas esenciais da coordinación e xestión das emerxencias por incendios ...


Mércores, 27 Mai 2020

Como contactar e recibir información da CIG-Autonómica

Non é a primeira vez que na CIG recibimos comentarios no senso de que non estamos a enviar información suficiente. Algunha vez os comentarios son todo o contrario, que o envío de informació é excesivo. Se o teu caso é o das persoas que se sinten saturadas, sentímolo; a nosa intención e obriga é informar.

Se non te chega a información que xenera a CIG e queres recibila, atende este correo.

A CIG-Autonómica envía varias veces por semana información por correo electrónico, twitter, telegram ...


Martes, 26 Mai 2020

Política Social "premia" o esforzo do seu persoal limitándolle as vacacións anuais

A Consellería de Política Social envía un documento de instrucións co que pretende limitar o dereito a coller as vacacións recollido no V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, condicionando as vacacións anuais do persoal que traballa nos centros de menores, de atención á discapacidade e de maiores.

Logo do esforzo e risco asumido nesta pandemia, a consellería, en troques de recuperar dereitos que se manteñen recortados ao persoal que está a traballar nos servizos esenciais, ...


Luns, 25 Mai 2020

A CIG solicita a apertura das Residencias de Tempo Libre para o persoal que loitou contra o covid19

Algo que quedou claro durante estes meses de pandemia é que o persoal ao servizo das Administracións Públicas é imprescindible para o funcionamento do estado do benestar e para garantir a cualidade de vida da cidadanía (cando non a propia vida). Ainda que hai máis persoal que se deixou o pelexo, puidémolo ver especialmente nos centros sanitarios e de servizos sociais. 

Porén, a Xunta de Galiza estanos a demostrar que para eles este persoal é de usar e tirar. Xa cumpriron a súa misión, así ...


Luns, 25 Mai 2020

A denuncia da CIG obriga á Xunta a modificar o seu procedemento para o persoal sensible

Tralo requirimento da Inspección de Traballo de Pontevedra por mor  dunha denuncia da CIG, o CECOP corrixíu o procedemento de recoñecemento do persoal especialmente sensible. 

O 19 de maio publicouse no DOG o acordo do CECOP polo que se modifica a guía da actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para todo o persoal, o que na práctica, supón que sexa o o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta o único ...


Domingo, 17 Mai 2020

A Xunta sáltase o seu propio Protocolo interno de reincorporación ao traballo

A Xunta chama á incorporación presencial do seu persoal e programa a apertura de centros a partir deste luns 18 sen ter en conta as medidas previstas no seu protocolo de reincorporación.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos, que ratificamos o Protocolo do Consello da Xunta polo que se establecen a reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19, denunciamos ...


Xoves, 14 Mai 2020

A CIG solicita compensación por traballos extraordinarios a causa do COVID19

Consecuencia do Estado de Alarma, determinadas empregadas e empregados públicos viron incremendata a súa carga de traballo, en moitos casos sen ningún tipo de compensación.

Poñemos o caso, por exemplo, do persoal que tramita os ERTE que viron moi incrementada a súa carga de traballo. Estas compañeiras e compañeiros levan dende o comezo do Estado de Alarma tramitando expedientes baixo presión para “avanzar”, traballando fora de horario, festivos e domingos. Este persoal encárgase dunha ...


Xoves, 14 Mai 2020

COVID-19 en instalacións de aire acondicionado

Recomendacións para a operación de sistemas de aire acondicionado. Outro exemplo da improvisación da Xunta de Galicia.

Durante as próximas semanas producirase o progresivo retorno do persoal da Xunta de Galiza os seus respectivos locais de traballo. Dada as dúbidas existentes respecto aos sistemas de ar acondicionado queremos informarte das medidas adecuadas e as recomendacións feitas en materia de sistemas de climatización propostas pola: ATECYR (Asociación Técnica Española de ...


Mércores, 13 Mai 2020

O teletraballo ten que vir para quedarse: a CIG defende a prórroga de tres meses máis aló do estado de alarma

A CIG ven de poñerse en contacto coas outras organizacións sindicais para instar a reunión urxente da comisión de seguimento do acordo do protocolo de reincorporación e o grupo de traballo sobre o teletraballo, para avaliar a fase preliminar, estudar a ampliación temporal e a outros colectivos do teletraballo.

A comisión de seguimento é un instrumento de traballo para a mellora do protocolo, e este debe ser un documento vivo e aberto a cambios. Cremos que a comisión debe ter carácter ...


Mércores, 13 Mai 2020

O Fondo de Acción Social 2019 leva meses de retraso: reclamamos a súa negociación

A día 1 de marzo de 2019 estabamos negociando o Fondo de Acción Social (FAS) do ano 2018. Coa emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 a Xunta de Galiza esqueceu o FAS 2019. Desde o ano 2012 o Fondo de Acción Social quedou recortado ao mínimo. En ningún destes nove últimos exercicios orzamentarios amosou a Xunta a máis mínima intención de reverter eses brutais recortes nos dereitos sociais do persoal.

Dende a CIG exiximos:

  • Dotar o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza co 1% da masa ...

Despois de insistir con este tema durante moito tempo, despois de varias asambleas, mobilizacións de todo tipo, e despois de que levemos anos como un martelo pilón no Comité do Seguridade e Saúde do edificio de Pontevedra parece que algunha medida se vai poñer en práctica.

Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do edificio celebrado o xoves 4 de abril, a Administración comunicounos que xa están adxudicadas as obras de colocación dos parasois exteriores da fachada sur do edificio.

O contrato asinouse o pasado 29 de marzo, e conta cun prazo de execución de 14 semanas, estando previsto o inicio das obras para despois de Semana Santa. É dicir, comezan as obras antes das Eleccións Xerais e se prolongan ata pasadas as Municipais,(para que tomemos nota de que están traballando arreo por nós).

Ademais este contrato inclúe tamén a colocación dunha caldeira de pellets para acadar unha mellor climatización das instalacións de todo o edificio e un maior aforro enerxético.

O que lle preguntamos á Administración é, si a solución era tan doada, por que tardaron tanto en atender as nosas demandas e agora nos dan a razón ao que antes dicían que “era imposible”?

Celebramos que por fin se poña en marcha un sistema, que polo menos modere as temperaturas, pero tamén imos estar pendentes de si realmente funciona ou non, e a maiores si esta é a solución definitiva.