Trátase tamén o tema das fumigacións nas bibliotecas de Cultura e a Administración informa que se van facer medicións de restos na biblioteca-arquivo do Reino de Galicia, aínda que xa plantean dificultades por non haber valores límite de exposición aos productos. Por outra banda o servizo de prevención alleo explica que o protocolo de fumigacións en centros públicos obriga a empregar o biocida menos tóxico pero, que si "o que se emprega custa 10 e o menos tóxico custa 100, loxicamente empregarase o que custa 10" Logo a saúde dos traballadores/as e usuarias/os das bibliotecas públicas é unha cuestión de custo?

No apartado de suxestións e preguntas, a CIG sacou os seguintes temas e propostas:.

1.Solicitamos de novo a xuntanza de tódolos Comités de Seguridade e Saúde Laboral; algún deles leva sen reunirse máis de ano e medio pese que a Lei establece que estas reunións serán trimestrais.

2.Demandamos que se tomen medidas de xeito inmediato de cara a protección das traballadoras e traballadores na loita contra incendios na Consellería de Medio Rural polos seus EPIS e a roupa de traballo que non ofrecen nas prestacións mínimas que require o nivel de risco ao que están expostos. Pomos como exemplo aos axentes forestais que teñen uniforme 100% acrílico  para  realizar as súas funcións na dirección da extinción de incendios.

Recordámoslle a este Comité de Seguridade Saúde Intercentros que o ano pasado dende a CIG denunciamos que non se avaliaron os postos dos Distritos Forestais na Inspección de Traballo. Gañamos a denuncia e a Administración tivo que avaliar por requirimento do INTSS pero nada se soupo do resultado destas avaliacións. Temos constancia  de que, non só neste caso, a Xunta de Galicia SECUESTRA as Avaliacións de Riscos Laborais a pesar da obriga legal de telas nos centros de traballo a disposición do seu persoal. Agora a Administración di que vai enviar a acta do día de hoxe a Medio Rural coa solicitude de que se isto se subsane... 1 ano despois.

3.Acordo de Participación: A Administración explica que esta parada a súa publicación porque a CSIF non esta de acordo co numero de persoal laboral no seo do Comité de Servizos Centrais de San Caetano despois de ter votado favorablemente ao mesmo.