Avaliacións de riscos: seguense a detectar grandes deficiencias no proceso de entrega e información os traballadores, posto que na maioría dos casos o persoal non ten coñecemento da avaliación de riscos e as persoas responsables dos centros non executan o plan de actuación. A maiores do traballo programado fixose a avaliación das tarefas de campo da Consellería de Medio Rural.

Vixilancia da Saúde: Pídese que a vixilancia da saúde sexa específica segundo as características do posto de traballo.

Formación: levouse a cabo a formación en PRL do persoal de novo ingreso. No curso de directivos da EGAP, cargos intermedios, incluirase un módulo de prevención de riscos. A formación específica en prevención que imparte MUGATRA, a partir de este ano contara cun certificado da EGAP.

Reunións CSS: por parte da CIG denuncíase o incumplimento reiterado da LPRL en canto ás reunión trimestrais dos comités e  sinálase a responsabilidade por parte da Administración ao incumplir a norma.

Resolución dictada por Medio Rural

En primeiro lugar resaltar que esta resolución debese negociar ca parte social, posto que os asuntos sobre os que se aplica son motivo de negociación. En segundo lugar,  indicar a  necesidade respecto aos axentes forestais e técnicos forestais dos distritos de que de xeito transversal a uniformidade, material, vehículos e protocolos de traballo teñan en conta os incendios forestais e sexan revisados polo comité de incendios, así como a inclusión de todo o persoal que traballa en incendios tales como vixiantes fixos e emisoristas.

E por último, solicitar a urxente reunión destes comités para  tratar estes temas e seguir avanzando na prevención; tendo en conta que é unha das consellerías con mais accidentes.

Novos ámbitos de participación

A proposta do SPRL está en contra dos criterios da CIG, que entende que se lograría maior eficacia con comités de ámbito provincial pois os coñecementos de cada centro de traballo son mellores e non se diluen no ámbito autonómico.

Outros

A CIG presenta unha proposta de traballo, para  coordenar as accións tendentes a previr os  riscos potenciais que poideran derivarse da condición de enfermo mental de traballadores ao servicio da Administración.

Preguntamos pola fórmula de actuación no caso de sinistros nos centros de traballo tales como inundacións, derrumes... Contestan da Administración que se pode comunicar através da web de Facenda, Secretaria Xeral de patrimonio, Servizo de Riscos.