Con respecto ao análise das enfermidades profesionais, débese traballar de xeito que se recollan claramente, posto que moitas veces son tratadas como accidente ou enfermidade común, coas consecuencias negativas que isa defectuosa clasificación ten en caso de producirse incapacidade.

Comunica MUGATRA que se fará un grupo de traballo onde se tratara a problemática específica do colectivo do persoal de Extinción de Lumes.

No apartado de suxestións e preguntas a CIG fixo as seguintes propostas:

  • Desenvolver en Galicia o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral da Administración Xeral do Estado (BOE 01.06.2011). En todo caso que se aplique de forma supletoria.

  • Que se inste o uso do “Manual de acollida no laboratorio” publicado polo INSHT,  en tódolos laboratorios da Xunta,  para as persoas que van a realizar unha estancia breve nos laboratorios (persoal investigador en formación, bolseiros/as…).

  • Achégase documentación para a creación dun grupo de traballo onde se coordinarían as accións  para previr os riscos potenciais procedentes de persoal traballador con posibles problemas de saúde mental.

  • Inquírese a Administración para que cumpra coa obriga legal de reunir os Comités de Seguridade e Saúde; e así mesmo faga chegar ao persoal traballador, e ao seus representantes, a información e a formación derivada da prevención de riscos laborais.