Outra tema que se denuncia neste escrito é o incumprimendo de diversos aspectos da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e do Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Neste senso, a CIG denuncia o estado e a situación actual de moitos dos postos de vixilancia e de bases do país, os cales teñen graves carencias no tocante ao seu estado físico e constructivo, á súa dotación de servizos básicos coma a auga potable, servizos, accesos, antenas de comunicacións, emisoras así coma a dotación de materiais de traballo e de oficina necesarios para que os traballadores/as desempeñen o seu traballo.

Outro aspecto salientable é o incumprimento de novo do disposto no V Convenio Colectivo, neste caso no referido ao ditado no seu artigo 26º.-Complementos salariais apartado 5. Nocturnidade, o cal di literalmente que “A cada traballador/a que realice a súa xornada en horario nocturno proporcionaráselle café ou bebida quente”, aspecto que se está a incumprir por parte dos distritos  forestais dependentes da Consellería de Medio Rural.

Asemade, neste escrito faise fincapé na reclamación do complemento de nocturnidade para os traballadores/as fixos, fixos-descontinuos e PLADIGA en virtude do disposto na Sentenza do Tribunal Supremo de 20 de xullo de 2010, a cal recoñece o dereito destes traballadores e traballadoras á percepción do complemento de nocturnidade dos anos 2008, 2009 e 2010. A día de hoxe aos traballadores fixos  e fixos-descontinuos a Consellería de Medio Rural adéudalles a nocturnidade do ano 2008 e aos traballadores/as do PLADIGA a dos  anos 2008, 2009 e 2010. Neste senso, cabe sinalar a obriga legal que ten a consellería de aboar o 10 % dos xuros de demora polas cantidades correspondentes, así coma a inclusión en nómina do citado complemento de nocturnidade.

Finalmente a CIG tamén denuncia que no referente aos traballadores fixos e fixo-descontinuos dende o 1 de xullo de 2010 en moitos distritos do país estase a facer traballos de prevención coma limpeza de puntos de auga, desbroze de camiños e pistas incumprindo o disposto no V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia onde  literalmente no apartado 3.2 das Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia di que “As tarefas deste colectivo serán prioritariamente de prevención nos meses en que haxa un menor risco de incendios forestais e de vixilancia e extinción na tempada de alto risco”.

Nota de prensa remitida aos medios