O vindeiro 29 de setembro hai convocada unha xuntanza ordinaria do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral onde se abordaran diversos aspectos da problemática dos riscos psicosociais.

Na anterior xuntanza deste Comité, a CIG solicitara, entre outros, tratar a problemática motivada pola existencia de traballadores ou traballadoras con transtornos mentais así como a implementación dun protocolo de actuación fronte o acoso laboral.

Accede ao evento

Descarga a documentación