A CIG esíxelle a Medio Rural, como ven facendo en repetidas ocasións, o cumprimento das medidas de seguridade laboral xa non só aos traballadores dos medios aéreos, senón a tódolos traballadores e traballadoras que veñen a integrar o operativo de prevención e extinción de incendios forestais. Estamos constatando as deficiencias existentes nas citadas medidas en tódalas categorias profesionais, co risco que iso representa para as persoas que xornada tras xornada están a  traballar en condicións extremas nos incendios forestais.

A CIG ven a denunciar asimesmo, o desmantelamento do servizo de prevención e extinción da Xunta de Galiza nun momento no que está ardendo a nosa comunidade polos catro costados. Decir que entre o 24 e o 25 do mes de setembro cesaron un bó número de operarios, quedando o servizo descuberto en moitas das categorias, co risco que iso representa para o medio ambiente así como para a sociedade en xeral. O operativo existente neste intre non é suficiente para extinguir o número de incendios, dándose a circunstancia que lumes que comenzan a media tarde non están rematados ata o día seguinte. Medio Rural dispón dos medios tecnolóxicos precisos para coñecer a climatoloxía con cáseque unha semana de antelación, polo que foi coñecedora do que se viña enriba, considerando dende a CIG unha deixadez de funcións por parte do goberno galego.

Por outra banda, a CIG exíselle a Medio Rural que convoque urxentemente o Comité de Saúde Laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de cara a investigación do sinistro, revisión dos protocolos de emerxenza e da entrega por parte de Medio Rural da avaliación de riscos de todo o persoal, obriga ésta que aínda a Xunta de Galiza non ten cumprido e que dende a CIG vimos solicitando reiteradamente.