Na vindeira xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta presentaranos o plan de prevención para o 2012. Neste plan aparecen as distintas avaliacións previstas, actividades formativas, etc. Nunha primeira ollada, detectamos erros tales como incluír centros xa avaliados ou non incluír solicitudes de avaliacións pendentes. Canto ás actividades formativas, as que finalmente entren no plan serán publicadas no DOG.

A xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, 22 de decembro. Podedes facernos chegar as vosas consideracións a autonomica@cigadmon.gal

Descarga a documentación