Saúde laboral

Vimos de rexistrar escritos dirixidos a Subdirección Xeral de incendios e Xefaturas Territoriais e Provincias da Consellería do Medio Rural, exisindo o cumprimento dos plans de acción elaborados polo servizo de prevención de riscos laborais da Xunta.

Este documento desglosado á súa vez en varias partes, inclúe unha división de tarefas de prevención e extinción. Estas  divídense á súa vez en plans de avaliación onde se analizan os riscos e plans de acción onde se recollen as accións correctoras.

Centrámonos neste escrito no plan de acción das tarefas de extinción por que consideramos que o tempo apremia, a maiores de esixir o cumprimneto íntegro do documento.

A continuación amosamos o escrito íntegro que rexistramos:

Dende finais de 2014 o SPDCIF  dispón oficialmente do  documento elaborado polo Servizo de prevención de riscos laborais que engloba os "plans de avaliación" de riscos e "plans de acción" correspondentes a tarefas de extinción e prevención no que ós incendios forestais se refire.

No DOG do venres 3 de xuño de 2015 publícase a resolución na que se acorda a publicación do Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Podes consultar o protocolo na páxina de prevención de riscos laborais da Xunta de Galiza premendo nesta ligazón

No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúde da consellería de Medio Rural (área de Medio Rural) celebrado o 6 de abril, analizáronse distintos temas e tomáronse diversos acordos de interese para o persoal que traballa nesta consellería. A continuación detállanse os distintos asuntos que se trataron:

1.- Revisáronse os informes de sinistrabilidade e accidentes correspondentes aos anos 2014 e 2015. Solicitamos un maior grao de detalle dos datos.

2.- Informouse sobre as avaliacións dos centros de traballo realizadas en 2015 e comunicadas aos repectivos centros. Podedes solicitar a avaliación do voso centro e posto de traballo (no caso de existir) ao responsable do centro ou a calquera dos delegados de prevención.

3.- Vanse revisar os protocolos de vixiancia da saúde que se realiza ao persoal de Medio Rural, especialmente ao persoal vinculado ás labores de extinción de incendios. Esta revisión demandada pola CIG pretende acomodar a concordancia da vixiancia da saúde coas funcións que se desempeña e incorporar os antecedentes médicos de cada persoa (este último elemento é unha das advertencias feitas pola inspección de traballo no accidente mortal de Quique Casanova).

Trala denuncia feita pola CIG o 2 de xullo de 2015 polo accidente mortal do axente forestal Enrique Casanova na extinción dun incendio forestal no concello de Guntín o 27 de xuño de 2015; despréndense os seguintes requerimentos e advertencias da Inspección de Traballo á Consellería de Medio Rural para mellorar a seguridade e saúde das persoas traballadoras que participen na extinción de incendios:

  1. Obriga de realizar os recoñecementos médicos ás persoas traballadoras por parte da empresa (neste caso a Consellería de Medio Rural).
  2. Necesidade de analizar as posibles situacións de emerxencia na extinción dos incendios forestais e adoptar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios e evacuación dos traballadores. Especialmente relevante este último ante a “evacuación desastrosa” que indica o informe e que apunta a mellora nos protocolos de evacuación dos accidentados nos incendios forestais.

O 17 de Febreiro de 2016 reuniuse o grupo de traballo dos EPIS de Extinción, grupo pertencente ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral do SPDCIF, dacordo coa convocatoria, e onde se trataron os seguintes temas:

1º. Aprobación da acta da sesión anterior.

Medio Rural aportou ao comenzo a acta da xuntanza anterior de cara ao seu estudo e aprobación, se procede. Queda pendente para a próxima xuntanza. Dende a CIG comunicámoslle a necesidade de aportar as actas xunto a convocatoria da xuntanza.

2º. Escrito de queixas.

No DOG do 01/02/2016 publícase a resolución pola que se lle dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2016 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galiza (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Servizo de Prevención de Riscos Laborais): www.xunta.es/prevencion-de-riscos-laborais.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (de 2 de febreiro a 2 de marzo), agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Esta campaña é aplicable a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

O día 04/12/2015 a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, emitíu unha  Resolución pola que se amplia o prazo de inscrición para a solicitude dos recoñecementos médicos en 5 días naturais. Por tanto, o último día do prazo é o 15/12/2015.

A  inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.es

Podedes ver a resolución nesta ligazón.

O día 1 de decembro de 2015 entrou en vigor o novo sistema de baixas médicas derivado do estipulado na Orden ESS/1187/2015, de 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, que regulamenta determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

As novidades máis salientables son as seguintes:

PARTE DE BAIXA. O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

• moi curta: inferior a 5 días naturais
• curta: de 5 a 30 días naturais
• media: de 31 a 61 días naturais
• longa: mais de 61 días naturais

Esta vez non tivemos que interpoñer unha demanda no xulgado, como fixo a CIG no mes de abril deste mesmo ano 2015, nin tivemos que ver como pasaron moitos meses dende que comezara a campaña dos docentes ata que nos tocou ao persoal laboral e funcionario de administración destinado en centros de ensino, como se a saúde de uns valera menos que a de outros.

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 27  de novembro de 2015, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Máis Info: http://www.edu.xunta.es/portal/revisionmedicaeducacion

No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúde de Medio Rural celebrado o 29 de outubro de 2015, tomáronse os seguintes acordos: