Saúde laboral

Logo de máis de 6 anos co mesmo uniforme de traballo con apenas unha ou duas raquiticas reposicións (un pantalón, dous polos e un par de botas) por parte das consellerias de  Medio Rural do Mar e de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, temos que lembrarlles de novo que este uniforme é a roupa, calzado e material que, á vez que nos protexe dos factores de risco do traballo (climatoloxía, biolóxicos, tóxicos, térmicos…), nos identifica como funcionarios/as (axentes da autoridade) da Xunta de Galiza perante os cidadáns.

Consideramos que esta deixadez e improvisación a hora de dotar de medios de traballo e equipos de protección individual (EPI) aos axentes forestais esta dentro da estratexia do goberno galego da venda e destrución do Pais e constitúe un paso máis en contra da defensa do patrimonio forestal e natural así como do desenvolvemento do rural.

O pasado 3 de decembro de 2013 celebrouse o último comité de seguridade e saúde de Medio Rural no que se tomaron os seguintes acordos:

No DOG do 28/06/2013 publícase, e non era sen tempo, o anuncio da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente que preste servizos nos centros educativos non universitarios da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición previa realizarase no formulario de petición de recoñecemento voluntario que estará dispoñible nas secretarías de todos os centros educativos. O prazo de inscrición rematará transcorridos vinte días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación e o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde.

O pasado 8 de abril de 2013 celebrouse reunión da Comisión Paritaria de Saúde Laboral na que se tomaron os seguintes acordos:

  • Presentouse e debatiuse a Memoria Anual. Decídese que actualizar a páxina web “webriscos.xunta.es” e que se publiquen as actas do Comité Intercentros e de aqueles Comités que así o queirán. En canto aos accidentes, producirse un aumento dos accidentes tanto “in itínere” como laborais, e tan só se reconoceron 3 enfermedades profesionais. Considérase un mal dato na tendencia de diminución dos anos anteriores, e pídese o SPRL e á Administración que investigue as causas do incremento de accidentes e poña en marcha medidas correctoras. Por outra banda, decir que o dato das enfermedades profesionais é un dato falseado, xa que, moitas non se solicitan por parte do afectado/a e outras non se poden establecer por non vir recollidas no listado establecido de Enfermidades Profesionais. As consellerías con maior número de accidentes son Medio Rural e Traballo e Benestar, polo que se pide, por parte das organizacións sindicais, que se traballe nesas consellerías tanto en formación, medidas de protección, tempo de descanso, recursos...

O pasado mes de marzo tivo lugar xuntanza do comité de seguridade e saúde de incendios forestais no que se trataron as seguintes cuestións:

1.- A reunión comezou co presidente presentando ao novo subdirector de incendios forestais, Miguel Cela.

2.- A CIG, coñecedora de diversos casos de persoas con problemas graves de saúde (con informes médicos) que impiden o desenvolvemento do traballo habitual, solicita que o tratamento que se da aos axentes facultativos se faga extensivo a todo o persoal que presta servizo na extinción de incendios. Queremos que se creen prazas de segunda actividade para o persoal que por saúde non debería estar facendo tarefas de extinción. Acordouse estudar o tema, para ver que mecanismos se poden articular para darlle solución.

No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúdde de Medio Rural celebrado no mes de marzo, tomáronse os seguintes acordos:


1.- A CIG manifestou que a situación dos traxes desbotables (EPI) do persoal veterinario, que ía ser transitoria, está alongándose excesivamente no tempo e ocasiona numerosos inconvenientes no manexo (fan ruído, non protexen da auga e do frío) polo que insta a que se corrixa de inmediato (este feito xa fora denunciado no anterior comité). A administración indica que a limpeza da roupa está pendente do novo concurso e que é unha prioridade do novo subdirector de gandería.

Dende a CIG detectamos que nas categorías/postos que aparecen na listaxe da CMATI para solicitar a vixilancia da saúde non aparacen os Axentes Forestais/Axentes Facultativos Medioambientais polo que nos reunimos co Servizo de Prevención da Xunta de Galicia.

Os resultados de dita xuntanza foron os seguintes:

  • Inclusión na listaxe de vixilancia da saúde da CMATI os postos coa seguinte denominación: Axentes Forestais/F. Medioambientais.
  • Aplicación do protocolo de vixilancia da saúde destes postos na CMR: Asma Laboral, Tóxicos, traballo a turnos e manipulación de cargas, quedando pendentes (segun eles íano estudar) os riscos biolóxicos. Solicitamos a súa inclusión pola manipulación de animais mortos e vivos e traballo en alertas sanitarias como gripe aviaria ou outras que podan xurdir.
  • Dende o servizo de Prevención comprometeronse a pendurar un aviso na paxina web e avisar a MUGATRA, porque xa estaba rematado o prazo de inscripción para a vixilancia da saúde, e que aquelas persoas que o solicitaron forzosamente noutro posto comuniquen que son axentes no momento de facer a revisión médica para que se MUGATRA lles aplique o protocolo adecuado.

Avisamos a todos os compañeiros e compañeiras que comuniquen aos seus delegados e delegadas de ter algún problema na aplicación dos protocolos axeitados as funcións e riscos do seu posto na vixilancia da saúde.

A semana pasada a CIG reuniuse co Servizo de Prevención da Xunta de Galicia en San Caetano porque detectamos que nas categorías/postos que aparecen na listaxe da CMATI para solicitar a vixilancia da saúde non aparacen os Axentes Forestais/Axentes Facultativos Medioambientais.

Tamén sospeitamos que non se estaban a aplicar os protocolos de vixiancia da saúde para este personal cando o Servizo de Conservación da Natureza estaba na Consellería de Medio Rural e que, polo tanto, foran negociados noutro Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Os resultados de dita xuntanza foron os seguintes:

No DOG do día 31 de xaneiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.  O prazo de inscrición, con carácter xeral, rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do DOG. A solicitude farase de xeito telemático, a través da seguinte páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Esta campaña é aplicable a todo o persoal da Xunta de Galicia agás o que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde ou en en entes públicos e fundacións; este persoal dispón de campañas de vixilancia propias.

No DOG do 11/05/2012 publicouse a resolución do 23 de abril de 2012 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición farase nos formularios dispoñibles en todas as secretarías dos centros. O prazo rematará o 5 de xuño.