Saúde laboral

A Xunta non está a protexer a saúde das traballadoras da loita contra o lume, ás que deixa a súa sorte xa que tras non adaptarlles o posto solicitan a suspensión por risco (fórmula legal para evitar que as traballadoras permanezan nun posto no que exista un risco para a súa saúde ou a do fillo/a) que tamen lles é denegada.

A MUTUA GALLEGA, nestes casos a responsable da súa tramitación, denega de xeito sistemático esta suspension do contrato coa única finalidade de aforrar cartos desinterásndose pola sorte que corra a saúde da traballadora e do seu fillo/a.

A lei de prevención de riscos laborais, do ano 1995, recolle especificamente que as mulleres traballadoras embarazadas e en periodo de lactancia non traballarán en quendas rotativas nin faran servizos nocturnos e se lle adaptaran as condicions de traballo así como se lle cambiara o posto no caso de que exista un posible risco para tanto a súa saúde como a do fillo/a.

En lembranza de Julio Martínez e Rodrigo Amo, brigadistas de SEAGA, falecidos en accidente laboral en FORNELOS de MONTES o día 12 de agosto de 2010.


Venres, 12 de Agosto de 2011
12:00h.
diante Edificio Administrativo Xunta de Galicia
PONTEVEDRA

A CIG vén de presentar por rexistro un escrito dirixido á Consellería de Medio Rural denunciando unha serie de irregularidades no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

A denuncia da CIG está centrada no incumprimento de diversos artigos e puntos do V Convenio Colectivo. Así, segundo o disposto no punto 3.15. Equipamentos de protección individual das Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia do  V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia a Consellería de Medio Rural non está a substituir ou a dotar de novos EPI aos traballadores/as.

O pasado mes de xuño estaba convocada unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde para os traballadores do SPDCIF, que a administración aprazou unhas horas antes da súa celebración, argumentando que o motivo eran os lumes que estábamos a sufrir desde facía uns días. Naquel momento, as OOSS queixámonos da falta de seriedade da administración por suspender unha reunión unhas horas antes da súa celebración, cando esta se celebra de 3 en 3 meses, e a convocatoria faise con 15 días de antelación.

O día 13/07/2011  tiña que desenvolverse a citada reunión que fora aprazada no mes de xuño, pero tivo que ser suspendida por falta de quórum xa que só asistimos 4 delegados de prevención ¿Como os representantes sindicais lle din á Administración que toman este tema en serio e logo non acoden a mesma?

A resposta e a de sempre, CCOO, que ostenta a secretaría deste Comité, e nin asistiu, nin avisou aos/as delegado/as entrantes, nin saíntes, xa que hai cambios debido as eleccións sindicais. A súa ausencia impedía incluso a celebración da xuntanza aínda que houbera quórum, xa que é obrigatoria a presenza de presidente/a e secretario/a ou persoa en quen deleguen.

Na última xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral presentouse a debate o informe de siniestralidade laboral do primeiro semestre do ano. É importante manifestar que este informe é relativo, dado que faltan os datos de maior incidencia de accidentes, a campaña de incendios en Medio rural e as susbtitucións de verán en Traballo e Benestar.

A análise que se presenta é a seguinte: Os índices de gravidade, frecuencia e incidencia baixaron en comparación dos anos anteriores. As consellerías  con maior incidencia son as de Traballo con un total de 55 accidentes e Medio Rural con 28; destacar que da totalidade,  60 son sufridos por mulleres, fronte a 45 de homes. Instase á Administración a adoptar medidas de corrección para diminuír o número de accidentes, levando a cabo accións preventivas específicas, principalmente nas dúas consellerías mais afectadas.

O Consello da Xunta vén de aprobar o Acordo de encomenda de xestión do Consello de Goberno da Xunta de Galicia á Consellería de Sanidade para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal, para os anos 2011-2012 e 2013, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxecto do referido acordo sería o control da prestación sanitaria por incapacidade temporal dos empregado públicos da función pública galega adscritos ao mutualismo administrativo de MUFACE e MUGEJU, e destinados nas Consellerías de Presidencia, Sanidade, Educación, Traballo, CMATI e Medio Rural. 

Descargar o Acordo do Consello da Xunta sobre sobre control de incapacidades temporais (DOG 21/06/2011)

O 22 de xuño será examinado no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral o informe de siniestralidade do primeiro semestre na Xunta de Galicia. Desde a CIG-Autonómica insistimos na importancia das políticas e actividades de prevención de riscos e saúde laboral, aspectos que son reiteradamente menosprezados pola Administración que leva ata 3 anos sen convocar algúns dos Comités (a lei obriga a facelo cada 3 meses).

Descarga o informe

Na última xuntanza deste comité tratáronse, entre outros, os seguintes temas:

Debate da Memoria Anual de actividades preventivas.

Xestión da prevención: proponse como medida de mellora a vinculación da vixilancia da saúde ás avalicións de riscos segundo os postos de traballo e características específicas para unha mellor efectividade. Ponse en coñecemento deste comité as dificultades de algúns empregados públicos para acceder a vixilancia da saúde dende o programa da intranet.

Accidentalidade: no 2010 mantense o número total de accidentes, increméntase o número dos in itinere a 73. As consellerías que presentan maior incidencia son as de Medio Rural e Traballo e Benestar. Pedimos que se efectúe un maior esforzo para reducir o número de accidentes destas consellerías.

No DOG do 11/02/2011 publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.  Estes recoñecementos médicos encádranse dentro da campaña de prestación da vixilancia da saúde ao persoal empregado público en función dos riscos inherentes ao traballo segundo o disposto no artigo 22º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

A solicitude farase de xeito telemático, a través da páxina web do Servizo de Prevención de Riscos, picando na ligazón habilitada na marxe dereita (petición de recoñecemento médico anual). O prazo ordinario de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Dende o Servicio de Prevención da Consellería de Educación comunicannos que a día 09/12/2010 xa deberían estar en todos os centros de ensino que contan con persoal non docente as instruccións e os formularis para poder anotarse para os recoñecementos médicos.

Para anotarse, hai que acudir a secretaría do centro. Parecer ser que nalgúns centros comezarán xa a facer as revisións a finais deste este, aínda que a maioría se desenvolverá no primeiro trimestre do 2011.