Saúde laboral

Solucións para o persoal laboral ou funcionario, que por motivo de saúde sexa declarado apto para o seu posto de traballo pero con restricións funcionais parciais.

O que procede, nun primeiro momento, será a adecuación do posto de traballo a estas limitacións parciais, de xeito que oa persoas traballadora poida exercer as súas responsabilidades e que a Administración altere os medios  que faciliten o desenvolvemento das funcións inherentes  á súa categoría profesional. Estas limitacións parciais non poden ser motivación suficiente para a declaración da persoa traballadora en situación de incapacidade permanente total co abandono do seu posto de traballo.

Desenvolvemento da segunda actividade para aqueles colectivos que así o teñen recollido no seu regulamento ou no convenio.

Acordo de participación en materia de Prevención de Riscos Laborais


Dende a CIG-Autonómica instamos á Xunta de Galicia para que publique o Acordo, xa que é a excusa pola que non se están a convocar os comités de seguridade. CSIF é a responsable de paralizar a sinatura do mesmo, por discrepancias nun delegado de prevención,  cando votou a favor na Mesa Xeral e na Comisión de Persoal.

A privatización da planificación estratéxica e coordinación operativa, a duplicidade dos servizos de extinción (un servizo público da consellaría e unha empresa pública), a falla de traballos de prevención nos montes no inverno, a falla de formación dos traballadores e a temporalidade forman un cóctel explosivo.

Medio Rural ignorou durante todo o ano as advertencias e denuncias da CIG sobre o perigo que ía supoñer a campaña de verán, sobre todo en época de máximo risco. Daquela xa advertimos que debido a que no inverno non se fixeron tarefas de prevención, os montes galegos constituían un polvorín.

En marzo denunciamos que a privatización da planificación estratéxica e coordinación operativa para darlla á empresa privada NATUTECNIA era unha deixación de funcións por parte da Administración. O recurso da Administración á empresa pública SEAGA, que contrata traballadores e non os forma, en vez de reforzar o Servicio de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), constituía tamén un factor de risco ao enviar a incendios e como primeiro ataque a traballadores sen coñecementos suficientes para levar a cabo tal tarefa. Isto foi tamén reiteradamente denunciado pola CIG.

 COMUNICADO CONXUNTO DA CIG, CCOO, UGT E CSI-F 

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, ante o falecemento de dous traballadores da Empresa Pública SEAGA que traballaban na extinción dun incendio en Fornelos de Montes queremos MANIFESTAR:

  • As nosas condolencias ás familias destes compañeiros.
  • Solicitamos da Xunta de Galicia que declare dous días de loito oficial na Administración autonómica en solidariedade cos dous traballadores falecidos en tan dramáticas circunstancias.
  • Esiximos que se abra unha investigación a fondo sobre as causas e a natureza deste suceso.
  • Facemos un chamamento á todos os traballadores da Xunta de Galiza, da EP SEAGA e á cidadanía en xeral a concentrarse o luns 16 ás 12:00 horas diante do Edificio Administrativo de Pontevedra en solidariedade coas vítimas.


A CIG denuncia á Consellaría do Medio Rural ante a Inspección de Traballo por non cumprir a Lei de prevención de riscos laborais nos distritos forestais.

Os funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia que traballan directamente na extinción de incendios forestais, axentes forestais, técnicos/as de Distrito e Xefes de Distrito non teñen avaliación de riscos laborais dos seus postos 15 anos despois da publicación da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Estes funcionarios/as realizan funcións como a dirección de extinción dos incendios forestais, a coordinación e direción de medios dos Distritos, control das actividades forestais, traballo en espazos naturais con flora e fauna silvestre, toma de mostras en verquidos contaminantes, envelenamentos, inspección de canceiras...entre outros.

Dentro da orde do día do Comité de Seguridade e Saúde Laboral Intercentros da Xunta de Galicia do pasado 1 de xuño tratáronse temas de importancia como o informe de siniestralidade  ou  a renovación do contrato coa mútua actual. Porén, ao director xeral da Función Pública 1 hora e 20 minutos cada 3 meses parecíalle demasiado tempo para dedicar á saúde dos seus traballadores e pediu que se acortase a reunión.

A CIG valoramos os datos do informe de sinistralidade como escasos. Botamos en falta o desglose de accidentes por centros/postos para que se poda ver a incidencia de accidentes en determinadas tarefas e así pedir a adopción de melloras. Neste informe destaca que os accidentes investigados apenas chegan o 50 %, Por que non se investigan os accidentes? O xefe do Servizo de Prevención en SSCC bótalle a culpa as persoas que ocupan os postos do Servizo de Prevención nas provincias. Dende a CIG a resposta parécenos dunha absoluta irresponsabilidade.

Por outra banda, a Administración informa  que se vai a ampliar o contrato con Mugatra (Servizo de Prevención Alleo) a pesar de que as OO.SS. demandamos que a xestión da prevención a realice a Xunta con persoal propio.

Nos vindeiros días será publicado no Diario Oficial de Galicia, o Acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais entre os representantes da Administración da Xunta de Galicia e os representantes das organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF.

Dende a CIG-Autonómica queremos protestar enerxicamente contra merma de dereitos que representa este acordo para os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia. É un acordo asinado a destempo xa que a administración decide modificar o acordo anterior antes de convocar as eleccións sindicais, polo que os compoñentes dos comités son un batiburrillo entre datos electorais, modificacións das RPT´s das consellerías e supresión de comités de seguridade e saúde.

No ano 2009 produciuse unha variación significativa na vixilancia da saúde da Xunta de Galicia: os recoñecementos médicos do persoal que traballa en localidades pequenas efectúanse SÓ en instalacións propias da mutua (MUGATRA) e polo tanto SÓ en localidades grandes. En anos anteriores estes recoñecementos se concertaban con clínicas externas nas localidades onde existían centros de traballo da Xunta por carecer alí MUGATRA de locais propios.

A consecuencia inmediata desta variación é que unha parte importante de traballadores están deixando de efectuar os recoñecementos médicos por ter que desprazarse obrigatoriamente fora da súa localidade. Hai que ter en conta que nalgúns  casos as distancias son considerables.

Por pedimento da CIG mantivemos unha xuntanza coa secretaria xeral de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatríz Cuiña Barja, e co subdirector xeral  de Servizos Comúns, José Luís Maestro Castiñeiras, para denunciar as eivas e incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais na Xunta de Galicia. Os temas tratados, dado a súa especial relevancia dentro da Xunta e por ser os que suscitan maior interese  no  persoal e nos delegados e delegadas de prevención, foron: as avaliacións de riscos, as convocatorias dos Comités de Saúde e Seguridade Laboral (CSS),  a vixilancia da saúde e os problemas coas prestacións da Mutua.

O DOG do 03/02/2010 publica a apertura do prazo para solicitar as revisión médicas. Vai dirixido a todos/as os/as traballadores/as da administración xeral da Xunta de Galicia, agás:

  • persoal dos centros de ensino
  • persoal dos centros dependentes do Sergas
  • persoal dos entes públicos
  • persoal das fundacións

O día 4 de febreiro comezou a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2010, polo que xa está aberto  o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración Xeral da Xunta de Galicia. No DOG do día 3 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A solicitude farase de xeito telemático, a través da páxina web do Servizo de Prevención de Riscos, picando na ligazón habilitada na marxe dereita (petición de recoñecemento médico anual). O prazo para poder solicitalos remata o vindeiro 4 de abril.