Saúde laboral

Na xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde do mes de outubro de 2009 tratáronse os seguintes temas:

1.-Protocolo Gripe A

2.-Proposta novo modelo de enquisa

3.-Actuacións preventivas nos traballos en aillamento

4.-Funcionamento dos comités de seguridade e saúde laboral (CSS): Recálcase o incumprimento dos regulamentos dos distintos CSS de cada departamento en materia de reunións.

5.-Formación persoal novo ingreso

O 16 de marzo foi publicado no DOG o inicio da campaña da vixilancia periódica da saúde no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia para o ano 2009. O ámbito de aplicación abrangue a todo o persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, e persoal de entes públicos e fundacións.

Segundo a nosa información, a publicación da Vixilancia da Saúde vai sair no DOG do 16 de marzo. O acceso vai ser através de internet unicamente, non se podera facer mediante solicitude escrita.

Nos pedimos que tamén se poidera facer a inscripción vía papel, para facilitar o acceso a todos os traballadores e traballadoras, mais de momento non o aceptaron. As complicacións que poidan xurdir hai que comunicarllas o Servicio de Prevención de Riscos Laborais.