Todas as novas

A EGAP publica no DOG do 19/02/2019 a Resolución pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público e outros colectivos.

Os cursos serán realizados mediante a modalidade de teleformación, e serán os seguintes:

  • Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga (60 horas de duración).
  • Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico (60 horas de duración).

A solicitude hai que facela do 20 ao 28 de febreiro, e será cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñíbel en https://egap.xunta.gal/
matricula

Vindeiras asambleas informativas do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza:

Burela
- Martes 19/02/19, ás 12:30 h, na casa sindical da CIG.
- Martes 19/02/19, ás 14:30 h, na Residencia de Maiores.

O Barco de Valdeorras
- Martes 19/02/19, ás 13:00 h, no salón de actos da Casa Grande de Viloira

Vigo
- Mércores 20/02/19, ás 12:30 h, na sala de actos da Residencia Asistida do Meixoeiro.

Sarria
- Mércores 20/02/19, ás 14:30, no CAPDP

Coruña
- Mércores 20/02/19, ás 13:30 h, no salón de actos do edificio de Monelos
- Mércores 20/02/19, ás 18:00 h, no 8º andar do edificio sindical, Avda. Alfonso Molina s/n detras da SEAT.

Celanova
- Mércores 20/02/19, ás 10:00 h, OAC

Bande
- Mércores 20/02/19, ás 13:00 h, Distrito

Carballo
- Xoves 21/02/19, ás 13:45 h, no edificio do Forum de Carballo

Dende hai uns días xa están nos taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que poderá exercer o voto nas vindeiras eleccións do 11 de Abril.

Facemos un chamamento a que revises os teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van votar na mesa itinerante (mal recollidas por exemplo o persoal de Cultura do Gaias).

Podes enviarnos as túas alegacións tanto fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com; temos de prazo ata o 28 deste mes; ou dilixencialas persoalmente ante función pública.

No DOG do 12 de febreiro foron publicadas as accións formativas da EGAP dirixidas a persoal empregado público, tanto de ofimática como de idiomas. O prazo de matrícula remata o 20 de febreiro. Como sempre a través da zona de matrícula da EGAP.

As accións van dirixidas a persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Para as eleccións sindicais de delegados/as para a Xunta de Persoal Funcionario na provincia de Ourense, previstas para o vindeiro 11 de abril, non se prevén mesas de votación nin fixas nin itinerantes fora da cidade de Ourense, deixando por exemplo a Viana, O Barco de Valdeorras, Verín, Bande ou o Carballiño sen sequera unha mesa. Dende a CIG-Administración Autonómica de Ourense denunciamos que máis de 1.400 funcionarios e funcionarias repartidos en mais de 150 centros de traballo na provincia, terían que desprazarse á cidade de Ourense para poder exercer o seu dereito a elixir a seus representantes sindicais.

Non ten os mesmos dereitos unha compañeira do Barco de Valdeorras que de Ourense? Imaxinas que o persoal de Santiago tivese que ir votar á Coruña?

No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúde de Medio Rural celebrado o 11 de febreiro de 2019, tomáronse os seguintes acordos:

  • Aprobouse o nomeamento dos novos membros do Comité, entre eles o novo presidente que será Ángel R.B. (xefe do servizo de Persoal).
  • Revisouse a proposta de programación para o ano 2019, indicando que se inclúen numerosas casetas de vixilancia que están pechadas (o que pode ser indicativo da súa reapertura neste ano). A maiores desde a CIG recordamos que están pendentes as avaliacións do traballo de campo do persoal veterinario e técnicos agrarios. O servizo de prevención indica que agardan poder desenvolvelas ao longo deste ano. As organizacións sindicais reiteramos a avaliación de riscos sicosociais do distrito XVI aprobada en comités do ano pasado. O servizo de prevención achaca o retraso a falta de persoal específico para poder facerse cargo desta avaliación e que tentarán resolvela no tempo máis breve posible.
  • No referente á vixilancia da saúde e ante os novos cambios nos protocolos para as distintas actividades, desde a CIG solicitamos que exista información dos protocolos que se aplican na vixilancia da saúde a cada posto de traballo na web riscos e que se remita un correo aos centros de traballo que aclare a nova táboa de vixilancia da saúde para cada posto de traballo e os protocolos estandarizados que inclúe cada un. A maiores solicitouse a actualización das denominacións das actividades e dos postos de traballo.

Achega Función Pública os borradores a varios procesos selectivos. Se queres podes enviarnos as túas alegacións á seguinte ligazón: contactar coa CIG.

O martes 12 de febreiro asistimos a unha Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos: concurso de traslados de gardacostas, proceso selectivo A1-escala superior estatísticos, modificación do decreto de listas, etc. A maiores, en “rogos e preguntas” tratáronse outros asuntos de interese (concursos de traslados, procesos selectivos varios, etc).

CONCURSO DE TRASLADOS DE GARDACOSTAS

Traballo en solitario da CIG deste últimos anos para acadar a formación necesaria para o SPDCIF produce os seus froitos. A Dirección Xeral de Defensa do Monte convócanos para abordar o Plan Formativo 2019/2020 para o SPDCIF. Foron necesarias dúas Proposicións Non de Lei (PNL) presentadas pola CIG no Parlamento de Galiza, recorrer á inspección de traballo e unha chea de traballo sindical para chegarmos a este punto.

Dende fai uns meses tiñamos constancia de que ao aparecer a proposta da CIG, íntegra, no ditame da comisión de incendios que se creara no Parlamento ao abeiro dos lumes de outubro do 2017, antes ou despois chegaría este momento. Pois ben, fomos citados por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte para unha xuntanza onde se abordará o plan formativo para o SPDCIF para os anos 2019/2020.

Cumpre agora rematar esta parte do proceso coa formación axeitada e inherente aos traballadores e traballadoras do SPDCIF que se comezou a ancorar coa consecución da categoría profesional 5932 Bombeiro forestal. Como traballadoras/es da familia profesional de "seguridade e medio ambiente" esiximos a formación que por lei nos correspondía, recollida no decreto 624/2013 de 2 de agosto, onde fixa os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade "operacións de vixilancia e detección de incendios..".

Seguimos coas asambleas informativas do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza:

Verín
- Martes 12/02/19, ás 13:00 h, na sala do distrito forestal.

Pontevedra
- Martes 12/02/19, ás 8:15 h, no Parque de maquinaria da AXI Pontevedra

Ourense
- Mércores 13/02/19, ás 14:00 h, na Oficina de Emprego do Posio

Lugo
- Mércores 13/02/19, ás 17:00 h, no Salón de actos da casa sindical, planta baixa, Ronda da Muralla, 58.

Monforte
- Mércores 13;02/19, ás 10:00 h, na Casa sindical, CIG-Monforte, R/ Roberto Baamonde, 29

Se che interesa, pomos a túa disposición un boletín informativo. Descargar.