Todas as novas

Aquí van as fotos da Comisión de Persoal onde os lacaios de Méndez Romeu aproban o despido de máis de 55 traballadores:

 

 

Remata o 2008, e a estas alturas xa é imposibel que a Directora Xeral de Función Pública dea cumprimento a algúns dos seus compromisos:

  • Concurso de traslados de corpos escalas e especiais: era para despois do concurso de traslados de xerais.
  • Concurso de traslados de persoal laboral.
  • Promoción interna de corpos xerais.
  • Novo concurso de traslados de corpos xerais.
A ver se no 2009 mudan as cousas.

A Consellaría de Presidencia volve atacar coa sua decisión de amortizar postos de limpeza e mantemento, e establecer horario especial a todo o persoal de rexistro, atención ao cidadán e subalternos. A semana pasada a consellaría pretendía incluir esto na orde do día dunha Mesa Xeral, e por "erros técnicos" tras o anuncio de mobilizacións da CIG, a Dirección Xeral de Función Pública retirou o punto da Mesa, comprometendose a que o horario especial fose voluntario e negociar coas empresas concesionarias dos servizos privatizados de limpeza para a subrrogación dos contratos de traballo do persoal despedido.

O xoves 18 de decembro, na que será unha das derradeiras Mesas Xerais de Empregados Públicos, a Consellaría de Presidencia achega a sua proposta de modificación de relación de postos de traballo na que concretan dous aspectos que non podemos deixar pasar sen dar unha forte resposta sindical: horario especial para todo o persoal de rexistro, información e subalternos, e amortización de 83 postos de traballo botando á rúa a 55 traballadores/as.

Coa alma negra, Mar Rodríguez e Méndez Romeu, victimarios da Administración Pública galega, anceian que os empregados públicos paguemos cos nosos salarios os favores por eles debidos. O 10%, uns cartos que son nosos e nos que o seu reparto debería ter unha dimensión social tendente a protexer os salarios dos colectivos máis desfavorecidos, é destinado a pagar favores entre os seus elixidos. A acción altruísta que Función Pública vai realizar cos nosos cartos vai dirixida, entre outros, a:

Na, probablemente, derradeira Mesa Xeral de Empregados Públicos que se celebrará o vindeiro día 18, a Consellaría da Presidencia na súa proposta de modificación de relación de postos de traballo remitida hoxe ás centrais sindicais con representación na mesma, presenta a amortización de 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo que pasarán a engordar as listas de desemprego deste país.

A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza en Pontevedra xuntase en pleno o mercores 10 de decembro en Vigo, co seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Situación legal dos edificios admvos. de Vigo e Pontevedra.
3.- Xubilación anticipada na Xunta de Galicia.
4.- Asuntos pendentes: xuntanza con Vicepresidencia, queixas sobre mantenemento no edificio admvo. dentro dos horarios de traballo.
5.- Servizo médico no edificio admvo. de Vigo.
6.- Varios.

O próximo dia 10 de Decembro publicaráse no DOG un prazo extraordinario de apertura das listas de substitución para  dar oportunidade as persoas que superaron algún dos exames dos procesos selectivos da OPE 2005 de inscribirse nas listas.

Consideracións a ter en conta:

1º. Soamente se van abrir as listas das categorías da OPE 2005 que están reguladas polo Decreto 37/2006, excetuándose aquelas que aínda lles falta bastante por rematar o proceso.(Por exemplo IV-009, III-50, III-63....).

2º. A apertura non afecta as categorías reguladas polo Decreto 89/97.

3º. Aínda que o motivo da apertura e o exposto anteriormente unha vez aberta a inscrición nas listas o poderán facer tódalas persoas que reúnan os requisitos da categoría na que queiran inscribirse.(por exemplo as persoas que xa leven un ano penalizadas). Incluso as persoas que non teñan méritos (exames superados no último proceso selectivo ou experiencia na categoría) o poderán facer naquelas categorías que están abertas.

Hoxe colgaron na páxina da Xunta, no seu apartado de "empregarse" (debera ser "empregarse en facelo mal") en últimas novas un asunto que dí tal que así:

  • 05/12/2009: CORPOS XERAIS:PREVISIÓN DE DATAS DOS 1º EXERCICIOS
  • Os primeiros exercicios dos procesos para o ingreso nos subgrupos A1,A2,C1,C2 e na AP de persoal subalterno realizaranse entre o 25/03/09 e o 31/05/09.

Ahí queda íso, xa ate oficializan os rumores de CEFIASA e compañía...