Todas as novas

A pesares de que comprendemos, respectamos e compartimos que un Goberno en funcións non asine nada que comprometa a acción do goberno entrante, non se pode permitir a paralización da Administración Pública cuia actividade, en certa medida, debe seguir o seu curso independentemente do poder político. Asimesmo animamos a todos os membros do executivo saínte a que, nunha mostra de solidaridade co pobo galego nesta época de crise económica, teñan a dignidade de renunciar voluntariamente a percibir o plus de altos cargos.

As votacións nas eleccións sindicais na empresa pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA) na provincia de Ourense celebráronse o día 27 de Febreiro de 2009. Os resultados foron os seguintes:

 

Colexio de Técnicos:
 Colexio de Especialistas:
 2 delegados/as   (Censo: 29) 7 delegados/as  (Censo: 80)
CIG 7 votos
 CIG 40 votos (4 delegados/as)
 UGT10 votos (1 delegado/a)   
 CCOO 10 votos (1 delegado/a) CCOO 32 votos (3 delegados/as)
 Branco1 voto
Branco
0 votos
 Nulo0 votos
Nulo
3 votos

 

Composición do comité de empresa (9 delegados/as).

  • CIG:        4 delegados/as.
  • CCOO:   4 delegados/as.
  • UGT:       1 delegado/a.

 

No Diario Oficial de Galiza (DOG) nº 40, do Xoves 26 de Febreiro de 2009, faise público acordo do Consello da Xunta de Galiza do 12 de Febreiro, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Conselleria do Medio Rural. Ista modificación xustifícase na necesidade de dar cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autonóma e as organizacións sindicais, respecto a regulación das condicións de traballo do persoal pertencente ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Listado de postos vacantes que finalmente se van incluir na orde de oferta de destino definitivo aos/ás aprobados dos procesos selectivos do grupo C2-2007, unha vez examinadas as alegacións presentadas e actualizadas as ocupacións dos postos e as propostas de amortización en trámite, segundo nos comunica a Dirección Xeral da Función Pública.

2009/03/03. Proceso selectivo D-2007. Borrador prazas ofertadas

Se inda non tes a folla de retribucións do persoal funcionario e laboral da administración do noso país do ano 2009 en papel, ou simplemente a queres ter en arquivo informático, podes descargala dende o novo web da CIG-Autonómica. Vai á zona de descargas.

 

Xuntamos os resultados das eleccións sindicais en Seaga en Compostela celebradas onte, dia 27 de febreiro.

Colexio de Técnicos:

Colexio de Especialistas:

CIG  (57 votos)

3 delegados/a

CIG (61 votos)

4 delegados/as

UGT (24 votos)

2 delegados/as

UGT (42 votos)

3 delegados/as

CCOO (23 votos)

1 delegado/a

 

 

brancos  

 

brancos 6

 

 A composición do Comité de Empresa queda do seguinte xeito:

  • CIG    7
  • UGT   5
  • CCOO 1

A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza en Pontevedra-Vigo, xúntase en Pleno todos os segundos mercores de cada mes, alternando Vigo e Pontevedra. Unha semana antes, o primeiro mercores do mes, reúnense un representante de cada sindicato para cuestións urxentes e preparar a orde do día do Pleno da semá seguinte. Se tes algunha cuestión que che gustaría que tratásemos, podes contactar connosco enviando un correo ao enderezo autonomicavigo@cigadmon.gal

 

Os días 28 e 29 de marzo ás 10.30h máis de 3000 persoas están chamadas ao recinto feiral de Silleda para conseguir unha das 136 de prazas de persoal funcionario do corpo subalterno da Xunta de Galicia ofertadas o ano pasado. Hoxe, 9 de marzo,  publicáronse no DOG as resolucións  que deron a coñecer as datas, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición. Estas datas xa foran feitas públicas de forma provisoria o día 26 de febreiro a través da páxina web da Dirección Xeral de Función Pública.

En virtude do previsto na Lei Orgánica 5/1985 de Réxime electoral xeral, do Real Decreto 605/1999 de regulación complementaria dos procesos electorais, e demáis disposicións concordantes, o persoal ao servizo da administración pública de galiza, gozará de permiso acolléndose ás seguintes normas:

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Martes 24 de Febreiro de 2009, faise público a  aprobación da modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Sanidade e de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Medio Ambiente e DesenvolvementoSostible. Os efectos económicos derivados do acordo dos servizos veterinarios oficiais retrotraeranse ao 31 de outubro de 2008. Ligazón ao texto do DOG.