Todas as novas

No DOG do 12 de abril vén de publicarse a Resolución pola que fan públicos a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de promoción interna ao corpo auxiliar da Administración xeral de Galiza, subgrupo C2.

O exercicio terá lugar o día 10 de maio de 2019, ás 16:30 en chamamento único, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela)

As persoas aspirantes deberán levar DNI, lápis do número 2 e goma de borrar.

Con 46 delegadas e delegados, a CIG revalida o primeiro posto na representación de persoal funcionario nas cinco Xuntas de Persoal.

Os resultados globais das votacións do xoves 11 de abril son os seguintes:

2019
    CIG     CSIF    CCOO   UGT   SEPGA   Total 
Servizos Centrais 10 5 3 1 6 25
A Coruña 8 5 4 3 5 25
Lugo 8 5 2 4 4 23
Ourense 6 9 5 3   23
Pontevedra 14 2 3 2 4 25
Total 46 26 17 13 19 121



En relación ao ano 2015, prodúcese unha lixeira baixada de todas as organizacións sindicais ao aparecer en liza outra forza sindical:

Comparativa Eleccións Xuntas de Persoal 2015-2019
    CIG    CSIF  CCOO UGT SEPGA Total
 2015 51 31 22 17   121
 2019 46 26 17 13 19 121

Queremos dar grazas aos milleiros de persoas que confiaron en nós e apoiaron as candidaturas da CIG. Significa un grande aval á nosa liña de traballo sindical e á defensa combativa dos intereses do persoal funcionario e polo mantemento dos servizos públicos.

A Xunta de Galiza pretendeu desmantelar a forza da CIG dentro do ámbito de representación no persoal funcionario, pero a operación non puido ir adiante porque aqui a CIG somos todos e todas os funcionarios e funcionarias que nos apoian co seu voto. Os sindicatos corporativistas, aínda que desta entraron forte, non deben consolidar a súa presencia xa que ao fin todos perdemos cando traen división e estratificación de clases dentro do persoal empregado publico.

Con esta confianza renovada os delegados e delegadas da CIG seguiremos a traballar promovendo acordos se son posibles sen renunciar a melloras reais, dende unha perspectiva ética, solidaria e xusta, plantándolle cara aos recortes e á perda de dereitos. Seguiremos formulando propostas para unha Administración do século XXI, levando a iniciativa alí onde a Xunta ou outros sindicatos seguen anquilosados, e sobre todo, seguiremos ao teu dispor como a mellor ferramenta que temos o persoal funcionario para poder cambiar as cousas.

Comprometémonos a manter o traballo que facemos ben, e a mellorar o que facemos mal, no camiño de conseguir unha administración galega mellor, con persoal funcionario de primeira. Grazas.

A Consellería de Medio Rural está a enviar estes días escritos polo que se modifica, polas boas, os horarios flexibles por conciliacicón familiar ao persoal das Oficinas Agrarias Comarcais.

Segundo a información que temos, estarían a chegar os escritos ao persoal técnico (veterinarios/as e enxeñeiros/as tec. agrícolas), baseándose en que estas oficinas teñen un carácter de oficina de rexistro e atención ao público.

O caso é que, segundo se desprende da notificación, ou asinan a modificación que lles propoñen (de 09:00 a 14:00) ou lles revogan o horario por conciliación familiar.

A modificación no caso da flexibilidade familiar ten que estar debidamente motivada e máis robustecida ca no caso da flexibilidade 'automática'; a flexibilidade familiar é un dereito recoñecido na lexislación de emprego público de Galiza a través da lei de igualdade. Esa motivación de modificación ha de estar singularizada e non pode ser baseada en función das xenéricas necesidades do servizo senón en función das tarefas do posto e estudando o resto de recursos humanos dispoñibles. Motivar insuficientemente faría a resolución arbitraria e nula. Hai un procedemento e uns prazos, que teñen q respectar, ademais.

Certo é que, en último caso, mandan as necesidades do servizo, pero hai que concretalas. E se eses postos non fan atención pública nin traballos suxeitos a un horario fixo, esa resolución decae nun xulgado. Por nin falar que habería que facer un estudo do cadro de persoal, cargas de traballo, condicións familiares e reparto de tarefas; non ten sentido obrigar a estar de 9 a 14 h a todo o mundo se hai xente que para esas concretas tarefas non ten flexibilidade familiar e xa vai estar de 9 a 14 h.

Nos casos de flexibilidade familiar as dinámicas da xurisprudencia están sendo bastante favorables. Non sabemos porque se meten neses xardíns que ademais poden ter consecuencias de desgaste político para o Goberno da Administración que as aplica.

Presentámosche o Boletín da CIG de Saúde Laboral, nº 31, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

Neste número:

  • Campaña da dereita política e empresarial para que as mutuas tamén controlen as baixas laborais por enfermidade común.
  • Procedemento xeral de actuación en caso de enfermidade ou accidente que impida traballar.
  • A Seguridade Social, as empresas colaboradoras, as mutuas e o Partido Popular: crónica dunha xestión nefasta e irregular.
  • A enquisa hixiénica, unha ferramenta imprescindible no procedemento de avaliación de riscos.

A CIG é a alternativa que temos o persoal funcionario para recuperar dereitos. Fronte a isto están os sindicatos que pactando malos acordos, impediron conseguir un cadro de melloras aceptable.

  • NON quixeron que as nosas retribucións subisen, polo menos, conforme ao IPC. E estableceron unha porcentaxe fixa por debaixo do IPC e outra vinculada ao crecemento do PIB, ámbalas dúas foron absorbidas no 2018 pola inflación.

 

  • NON quixeron que a xornada de 35 horas fora recoñecida por lei. Acordaron que cada Administración a fixaría a súa, e iso significa que nunha Administración "dura" como a Xunta de Galiza vai ser difícil conseguila.

 

  • NON quixeron que o número de anos para aqueles que entren nos graos extraordinarios I e II da carreira profesional fose de 4 anos como no SERGAS. Os grupos altos tardarán 7 anos en facelo e os baixos 5, polo que todos cobraremos peores importes que no SERGAS.

 

  • NON quixeron que os persoal interino entrase no sistema extraordinario de carreira profesional por moitos anos de servizos que acumulasen. O que supón unha perda de ingresos respecto ao resto de compañeiros/as.

 

  • NON quixeron que o complemento por incapacidade temporal se recuperase por lei, tal e como nos foi quitado. Ao deixalo ao albedrío dun acordo este recuperouse na Xunta seis meses máis tarde que no Estado e co condicionante de que o que se vai cobrar por IT non son as retribucións que correspondan cada mes senón as do mes anterior á baixa durante toda a IT.

 

  • NON quixeron plantarse ante o ritmo marcado por Función Pública e deron por válida a ausencia de concursos de traslados, en corpos xerais, escalas e especiais. O ritmo marcado por F.P. dende metade do 2018, abrindo continuamente novos asuntos sen pechar os anteriores, foi a desculpa para non sacar os concursos de corpos e escalas, bloqueados dende o primeiro borrador en xuño do 2017.

 

  • NON quixeron unha promoción interna mellor. Non queren que sexa masiva, nin sequera pactaron co goberno que chegase ao 50% do total da oferta pública. Tampouco quixeron acordar unha importante simplificación. No borrador da OEP de 2019, só 263 das 2.653 son para promoción interna de persoal funcionario de Administración xeral e especial.

 

Realmente, quen son os sindicatos do NON?

  • SI a recuperar dereitos
  • SI aos concursos anuais e áxiles
  • SI a unha promoción interna real
  • SI a subas salariais por riba do IPC
  • SI a unha carreira profesional inclusiva e con prazos reducidos
  • SI a unha xornada de 35 horas
  • SI a un cadro de permisos e licenzas do século XXI

O xoves 11 de abril van ser as votacións para elixir ás cinco xuntas de persoal funcionario. Coñece as candidaturas que presentamos:

 

Xunta de Persoal de Pontevedra 

 

A Xanela

 

Candidatura

 

Mesas e horarios

 

 

Xunta de Persoal de Coruña

Tríptico

Cartaz Coruña

Cartaz Ferrol

 

 

Xunta de Persoal de Ourense

 

O Boletín

 

 

Tríptico

 

 

 

Xunta de Persoal de Servizos Centrais

    
 

O boletín

 

Candidatura

   

 

 

Xunta de Persoal de Lugo 

     
 

Tríptico

  

     

 

Despois de insistir con este tema durante moito tempo, despois de varias asambleas, mobilizacións de todo tipo, e despois de que levemos anos como un martelo pilón no Comité do Seguridade e Saúde do edificio de Pontevedra parece que algunha medida se vai poñer en práctica.

Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do edificio celebrado o xoves 4 de abril, a Administración comunicounos que xa están adxudicadas as obras de colocación dos parasois exteriores da fachada sur do edificio.

O contrato asinouse o pasado 29 de marzo, e conta cun prazo de execución de 14 semanas, estando previsto o inicio das obras para despois de Semana Santa. É dicir, comezan as obras antes das Eleccións Xerais e se prolongan ata pasadas as Municipais,(para que tomemos nota de que están traballando arreo por nós).

Ademais este contrato inclúe tamén a colocación dunha caldeira de pellets para acadar unha mellor climatización das instalacións de todo o edificio e un maior aforro enerxético.

O que lle preguntamos á Administración é, si a solución era tan doada, por que tardaron tanto en atender as nosas demandas e agora nos dan a razón ao que antes dicían que “era imposible”?

Celebramos que por fin se poña en marcha un sistema, que polo menos modere as temperaturas, pero tamén imos estar pendentes de si realmente funciona ou non, e a maiores si esta é a solución definitiva.

Poñemos a túa disposición un boletín informativo do mes de marzo de Ourense.

Neste boletín fálase sobre:

  • Eleccións sindicais á Xunta de persoal funcionario na provincia de Ourense
  • Novo edificio administrativo e mellora dos centros
  • Concurso de traslados
  • Melloras na xubilación
  • Polo futuro da provincia de Ourense
  • Candidatura da CIG á Xunta de persoal de Ourense

Podes descargar o boletín premendo nesta ligazón.

O venres 5 de abril recibimos a documentación relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Medio Rural.

A consellaría fixou a xuntanza para tratar a dita modificación o día 23 de abril polo que podemos realizar alegacións ata esa data. Se tes algunha achega sobre esta RPT fainola chegar á CIG e levarémola á mesa.

Podes descargar toda a documentación sobre esta modificación nesta ligazón.