Lugo

Dentro da campaña "Polo futuro dos centros de Traballo e Benestar", o comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo acordou convocar unha volta á Muralla de Lugo o día 15 de xuño ás 10.30 horas. O percorrido partirá desde o edificio administrativo da Xunta en Lugo e saída dirección á Porta da Estación, Porta de San Pedro, e continuará pola ronda ata rematar de novo no edificio administrativo da Xunta.

As condicións meteorolóxicas do mes de outubro, propicias para a aparición e propagación dos incendios forestais, eran coñecidas desde finais de setembro. Pese a iso o goberno da Xunta de Galicia decidiu prescindir de máis da metade do operativo de extinción de incendios forestais a finais do mes de setembro. As consecuencias desta irresponsabilidade supuxeron máis de 23.000 ha. queimadas e unhas condicións laborais para o persoal en activo que levaron á anulación de vacacións e asuntos propios, á prolongación das xornadas laborais até as 18 horas continuadas na extinción directa e ao aumento do número de accidentes laborais.

A implicación do persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais no seu traballo foi absoluta, chegando incluso compañeiros a solicitar a anulación das vacacións concedidas para colaborar na extinción do lume.

Ás 19:00 horas do 23 de outubro de 2011, segue activo un incendio forestal iniciado ás 11:00 horas no concello lugués da Ribeira de Piquín, o de máis arborado da provincia. Van calcinadas máis de 500 hectáreas, principalmente de arborado, hai varias aldeas ameazadas polo lume: Piquín, Lamas, Moleiras, Sadradín, Ouviaña, Muxen..., arderon 2 vivendas deshabitadas en Moleiras e o incendio mantén unha fronte de 10 km. e avanza pola Ribeira de Piquín cara A Fonsagrada por unha banda e cara A Pontenova e Carballido pola outra.

Todos os medios do operativo do SPDCIF dos Distritos Forestais Lugo-Sarria e Terra Chá, ou sexa as motobombas e os membros das brigadas, son insuficientes para atallar a vaga de lumes que se están a producir na última semana, facendo un promedio de 12 horas diarias de extinción directa. Isto coa colaboración de brigadas e motobombas do resto da provincia.

A situación é aínda máis grave porque a Xunta de Galicia está a despedir ao persoal en plena vaga de lumes. Un exemplo grave disto é que varios condutores de motobomba que se atopaban loitando contra un incendio forestal este sábado día 24 de setembro no Concello do Incio, ás 24:00 horas tiveron que abandonar o traballo porque lles remataba o contrato.

A CIG-Autonómica vai organizar unha serie de asembleas na provincia de Lugo sobre o decreto 37/2006 de listas de substitución.

Descargar o cartaz co calendario de asembleas na provincia de Lugo

OEP PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE PERSOAL LABORAL NO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF) DE LUGO.

Probas físicas e visuais

Data:  10 de Xullo de 2009.

Horas:  08:30.

Lugar: Salón de actos do edificio multiusos da Xunta de Galiza, sito na Ronda da Muralla, 70.

OFERTA DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE PERSOAL LABORAL NO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF) DE LUGO.