Lugo

O luns 9/7/2018 houbo unha xuntanza extraordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Trátase o catálogo de roupa para o persoal de campo do Servizo de Conservación da Natureza e da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que foi elaborado polo Grupo de Traballo do CSSL Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Especificamente tratáronse as seguintes cuestións:

  • Repasouse a relación e as características das prendas, chegando a conclusión de que un experto en normas UNE revise todo o referente a estas no texto de cara a que estas sexan as actuáis e correspondanse o definido.
  • Coma ainda non se sabe canto presuposto se conta, nin cal e o valor das prendas, os representantes da consellería pediron que se priorizara según as necesidades e cantidade de roupa a entregar por traballador.
  • Ainda que se pediu en moitas das reunions mantidas non foros capaces de concretar se o persoal técnico da conselleria lle van a entregar roupa.
  • Acordouse que esto era o mínimo que se entregaría na seguinte adxudicación:
    ◦ Anorak – Parka 1
    ◦ Chaqueta cortaventos 1
    ◦ Polo manga longa 2
    ◦ Pantalon multipetos 2
    ◦ Botas de inverno 1
    ◦ Chuvasqueiro 1
    ◦ Polo manga curta 2
    ◦ Pantalón multipetos verán 2
    ◦ Botas verán 1
    ◦ Funda de traballo (según necesidades) 1
  • Acordouse entregar a roupa antes de finalizar o ano.

Achegou o IGVS unha proposta de modificación da súa RPT. A proposta ten data do 11/7/2018. Está prevista unha xuntanza para setembro.

Se queres aportar algo, contacta coa CIG.

Pomos á túa disposición a "guía de conciliación" da CIG, actualizada a xullo/2018, coa inclusión dos cambios no permiso de paternidade.

No documento inclúense os seguintes apartados:

  • Permisos, xestións relacionados coa maternidade.
  • Permisos, xestións relacionados coa paternidade.
  • Permiso de lactación.
  • Redución de xornada por coidado de fillas/os e familiares.
  • Redución de xornada por coidado de menores afectados/as por candro e enfermidade grave
  • Excedencia por coidado de crianzas e familiares.
  • Permisos para coidado de familiares con enfermidade.
  • Flexibilidade horaria e outros permisos para conciliar a vida familiar, laboral e persoal.
  • Risco no embarazo e na lactación natural.
  • Acoso sexual e por razón de sexo.
  • Violencia de xénero.
  • Plans, protocolos e medidas de igualdade.
  • Modelos de solicitudes.
  • Propostas da CIG en materia de negociación colectiva con perspectiva de xénero.

Os contidos desta guía están referenciados á lexislación básica. A Lei do emprego público de Galiza mellora algúns puntos concretos. Por poñer un só exemplo, a duración do permiso por parto (16 semanas no Estatuto dos traballadores, 20 semanas na LEPG).

O CIG presentou por rexistro escrito dirixido a Función Pública solicitando a convocatoria urxente da Comisión de seguimento do Acordo de Integración. O motivo son os reiterados incumprimentos por parte da Administración na aplicación do Acordo asinado no mes de febreiro de 2017, especialmente no referido a Listas de substitución e RPT.

O propio Acordo prevía expresamente que no prazo de 3 meses se procedería a incorporación no Rexistro Central de Función Pública da Relación de postos de Traballo do Consorcio así como que se procedería a abrir un prazo extraordinario para a apertura de listas e realizar as contratacións a través do Decreto 37/2006.

Estes incumprimentos reiterados, e a distorsión continua na aplicación dos beneficios do Convenio en canto a horarios, permisos e cursos leváronnos a considerar que se en 15 días non se convoca a Comisión daremos por morto o Acordo e solicitaremos a mediación/arbitraxe prevista na Lei 2/2015 do Emprego Público de Galiza.

  • A CIG presenta unha proposta alternativa e pide sentar a negociar melloras reais.
  • Considera que se debe superar o dito acordo (ver anexo) e falar dunha modernización da Administración galega que sitúe á mesma e ás súas persoas empregadas públicas no século XXI.

A Xunta de Galiza vén de presentar un borrador de acordo de mellora de emprego para impor a suba pactada por CCOO, UGT e CSIF en Madrid do 1,5% + 0,25 a partires de xullo.

Isto a pesares de que o IPC interanual está no mes de xuño no 2,3%, e de que os sindicatos asinantes acaban de acordar co goberno e a patronal que no sector privado a suba mínima sexa de entre o 2%.

Poñemos a túa disposición o Boletín CIG Saúde Laboral, nº 28, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborado polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

Descargar boletín.

  • OIT. Informe inicial para a Comisión Mundial sobre o futuro do traballo.
  • Proxecto do novo regulamento da lei de mutuas: un novo paso na destrución de dereitos dos/as traballadores/as.
  • Control da Incapacidade Temporal e Prestacións Económicas.
  • O po de sílice libre entra no cadro de enfermidades profesionais.
  • Avaliación da aplicación práctica das directivas de seguridade e saúde no traballo (SST) no marco da UE.
  • T+55: seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos.

Estamos convocados a unha Comisión de Persoal para o día 3 de xullo. Poñemos a túa disposición a documentación por se queres dicirnos algo. Contactar coa CIG.

Poñemos a túa disposición en formato electrónico o folleto informativo que elaborou a CIG-Autonómica con información do réxime de vacacións, permisos, licenzas, reducións de xornada e incapacidade temporal na Xunta de Galiza. Descargar folleto.

A información está esquematizada e organizada para unha doada consulta, incluíndo os tipos de permisos, licenzas .. , a súa duración, e diferentes observacións de interese.

A EGAP publica no DOG do 26/06/2018 a Resolución pola que convocan actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo para presentar solicitudes é de dez días naturais dende o seguinte á publicación (ata o 6 de xullo, inclusive).

A solicitude ten que facerse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñíbel no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

No DOG do 25/06/2018 publican a Resolución pola que se convocan as probas físicas e de agudeza visual para as listas de substitución de determinadas categorías de persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif) e do Pladiga. 

A base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, establece que para poder ser contratados nas categorías de técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, bombeiro/a forestal condutor e bombeiro/a forestal:

É requisito imprescindible a superación dunha proba de aptitude física: proba do banco, que consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e 33 cm para as mulleres, a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces minuto) durante un período de 5 minutos;
Será necesario para ser considerado apto obter como mínimo os parámetros de capacidade aeróbica, pola aplicación dos resultados da idade, peso e pulsacións segundo as táboas propias desta proba: 38 puntos, agás no caso dos condutores de motobomba que será de 35 puntos.
Para poder ser contratado na categoría de vixilante fixo/a é requisito imprescindible a superación dunha proba de agudeza visual na que tamén o resultado é apto ou non apto.