Lugo

Dende a CIG levamos anos poñendo en alerta á Consellaría de Medio Rural do novo escenario que presenta a actual tipoloxía dos incendios forestais, cunha evolución máis complexa e con maior capacidade destrutiva. Os lumes de interface son cada vez máis habituais e todo indica que van ir en aumento dado que os condicionantes que os orixinan non son atallados e tamén van en aumento.

Os índices FWI (Fire Weahter Index) que se producen en moitas zonas do país, sitúanse con frecuencia por riba do 39% o que quere dicir que sobrepasan (ou poñen ao límite) a capacidade de calquera dispositivo de prevención e extinción.

O actual mapa dos incendios forestais condúcenos a megaincendios con potencias caloríficas que superan os 15 000 kv/hora.

A Consellaría de Facenda ven de publicar hoxe unha orde no DOG para ampliar o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte días hábiles.

A Xunta de Galiza fai referencia a que "Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo". Esas cuestións non son outras que a ilegalidade cometida no nomeamento do anterior tribunal cualificador e que tivo que ser recorrido pola CIG para evitar que todo o proceso selectivo puidera quedar viciado dende o principio polas chapuzas deste goberno trapalleiro.

A cousa é dunha chapuza tal que Función Pública xa anunciara a data probábel de exame o pasado venres fixándoa para o día 20 de maio unha semana antes de que se publicara esta ampliación de prazo que agora fai. Isto é, a Xunta previu facer o exame un día que superaba o prazo establecido nas bases de convocatoria e, agora, fai a ampriación de prazo para que ese día cumpra os prazos establecidos pero unha semana despois de que se anunciara.

Agardemos que os continuos parches, chapuzas e remendos que acumula un proceso selectivo que aínda non realizou ningunha proba non remate como outros procesos selectivos da mesma escala no pasado. Fartámonos de avisalo e xa levan varias cafradas. A ver como continúa todo este culebrón...

A Xunta de Galiza ven de modificar a data de presentación de solitudes que quedará do seguinte xeito.

Para os procesos selectivos publicados en data 7 de marzo de 2018, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2; corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información; corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola; e na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia; o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 8 de marzo ata o día 6 de abril de 2018, ambos incluídos.

Unha vez máis a Xustiza eríxese en valedora dos dereitos dos traballadores/as.

A Sala do Social do Tribunal Supremo vén de emitir nunha sentenza en relación cos permisos retribuidos por matrimonio, nacemento dun fillo/a e falecemento dun familiar na que establece que "[..] os permisos concédense para o seu goce en días laborables, pois en días festivos non é preciso pedilos porque non se traballa [..]", e por tanto, "o día inicial para o goce dos permisos [..] cando o feito causante se produza en día feriado, debe ser o primeiro día laborable que lle siga".

A CIG está convencida, e exemplos previos houbo moitos, de que se estivésemos díante dun recorte de dereitos das empregadas públicas, a Xunta actuaría coa súa habitual dilixencia e celeridade en aplicar o recorte, maís desta vez estamos diante dunha "pequena" conquista laboral en vía xudicial, polo que a CIG vén de dirixir un escrito a Función Pública para que proceda á adaptación de dita xurisprudencia á normativa galega.

Lamentable estado dos vehículos que deben utilizar estes traballadores e traballadoras.

As organizacións sindicais con representación na Administración Autonómica vémonos na obriga de denunciar ante a Inspección de Traballo á Xunta de Galiza para que a Administración cumpra coas súas obrigas, e unha vez máis é a Inspección de Traballo a que require ás consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio polos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.

En outubro de 2016 denunciouse ante a Inspección de Traballo o lamentable estado no que se atopan os vehículos dos e das Axentes Medioambientais, con máis de 500.000 km e 15 anos, chasis soldados, sen sinalización como vehículo prioritario, asentos rotos, sen ar acondicionado nin climatización, con remaches na carrocería, sen mans libres, nos que chove dentro, sen hixiene nin seguridade.., e a pesar de que a Inspección de Traballo fixera un requirimento a ambas consellerías no mes de abril do ano pasado, estas non acreditan o cumprimento de ningún dos puntos requiridos e “fai caso omiso das indicacións dos técnicos de prevención”.

É lamentable que unha vez máis sexa a Inspección de Traballo a que ten que requirir ás consellerías que os vehículos deben ter unhas condicións mínimas de seguridade, e para as organizacións sindicais este é un grave incumprimento en materia de seguridade do persoal, e é unha irresponsabilidade por parte da Xunta de Galicia, a que precisamente debería dar exemplo cumprindo coa normativa de prevención de riscos laborais no canto de comportarse coma unha empresa pirata.

O martes 20 de marzo asistimos a unha xuntanza entre sindicatos e Administración para tratar o Fondo de Acción Social (FAS) do ano 2017 que, un ano máis, queda reducido únicamente á axuda para atención de persoas con discapacidade. Na xuntanza a CIG manifestou e demandou:

  • Recuperar todalas axudas que tiñamos antes da crisis e aumentalas progresivamente.
  • Incrementar o fondo ata chegar ao 1% da masa salarial, tal e como tiñamos marcado como obxectivo antes dos recortes.
  • Que en todas as axudas se teña en conta o nivel de renda das familias.
  • Os documentos que se repitan a partir da primeira vez que xa non se teñan que presentar.
  • Os informes da Seguridade Social que os solicite a Administración Autonómica ao INSS.

Os representantes da Administración limitáronse a tirar balóns fora, derivando á negociación dos orzamentos da Comunidade Autónoma. Sobre o tema dos certificados da Seguridade Social que van mirar si é posible que a Xunta teña acceso a eses datos. Sobre as retencións do IRPF din que é o Ministerio de Facenda quen as impón, limitándose as Consellarías a aplicalo. E sobre o remanente di que xa non é necesario pois non hai ningún contencioso pendente. Sobre a publicación di que irá a un vindeiro Consello da Xunta e logo se publicará no DOG, por mediados do mes de abril do 2018.

Resumo desta reunión: o FAS fica reducido, un ano máis, a unha única axuda e a Administración non ten intención, por o menos de momento, de aumentalo. E iso que din os políticos que dirixen a Xunta que “la crisis es historia”, “ya tal”.

No DOG do venres 16 de marzo aparece publicada a Resolución do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías correspondentes aos Servizos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral do grupo IV, categoría 033 Bombeiro/a Forestal condutor de Autobomba e do grupo V categoría 014 Bombeiro/a Forestal.

Cando dúas partes pactan algo que queren que non se cumpra poñen unha condición imposible. Si lle queren dar visos de verosimilitude ao pacto poñen unha condición improbable.

Si unha equipa galega gaña a liga cobraredes. Desgraciadamente só o Celtiña e con moita axuda podería gañar a liga. Terían que acontecer unha serie de feitos, como que descualificaran ao Barça por antiespañol ou porque conseguiron a independencia, gañar todos os partidos que quedan da liga e que o Atlético de Madrid perdera todos e o Real Madrid grande parte deles.

Como moi a pesar nosa que unha equipa galega gañe a liga vai ser tan difícil como que se aliñen os astros formando o logo do PP, podemos dicir que nese caso non cobraríamos.

Achega Función Pública un borrador sobre os criterios de repartición do FAS (Fondo de Acción Social) para o 2017. Como o resto de anos, desde o 2012 incluído, este fondo só contempla axuda social para atención á persoas con discapacidades ao cargo da traballadora ou traballador público.

Por moito que outras centrales nos veñan vendendo a moto dos grandes preacordos asinados en Madrid, seguimos peor que a comezos do 2010 en perda de dereitos e de poder adquisitivo. Un acordo, por certo, que venden como se fose a executarse directamente de hoxe para mañán e aínda que fora certo e inmediato seguiríamos moi lonxe da tan cacarexada recuperación. De momento, aquí, sobre a mesa o único que nos botou a Xunta foi este acordiño sobre o que queda do Fondo de Acción Social, ridículo para o que é a Xunta en comparación con outras empresas de tamaño semellante.

O mércores 14 de marzo estamos convocados ás 17:00 en Madrid á Mesa Xeral das Administracións Públicas para darlle o visto e prace a un acordo negociado en segredo e asinado o día 9, cinco días antes de levalo á mesa de “negociación” e publicitado despois como a panacea para rematar cos recortes.

A esta Mesa á CIG vai acudir coas súas propostas, que previsiblemente a Administración e os sindicatos afíns non queiran nin negociar porque xa asinaron o acordo. Un xeito curioso de negociar.

E nos termos actuais a CIG vai dicir NON a este acordo, por ser LESIVO para as persoas empregadas públicas.

Que é o que acaban de asinar?