Lugo

Como xa comentamos a través dos mailings, despois de advertir erros nas bases dos procesos selectivos convocados e de informar a Función Pública, comentaronnos que farían varias correccións de erros.

Hoxe fan efectiva a corrección relativa aos Anexos I e II coas normas e temas da promoción interna ao corpo superior (subgrupo A1), xa que na convocatoria figuraban os do A2.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Esperemos que nos próximos días publiquen no DOG as seguintes correccións:

  • Eliminación dun tema duplicado do corpo auxiliar (subgrupo C2) de promoción interna (Normativa discapacidade).
  • Corrección das titulacións nos corpos auxiliar (subgrupo C2) e administrativo (subgrupo C1) de libre e Promoción nterna: engadernse as equivalencias reguladas por unha Orde da Consellería de Educación, segundo o falado na Comisión de Persoal.

A Xunta de Galiza ven de modificar a composición do tribunal das oposición de veterinarias/os mediante unha orde no publicada no DOG do venres 9 de marzo.

A Xunta non recoñece que se equivoca nin cando lle plantexamos recursos ás súas chapuzas. Así podemos ver o cinismo que destila o executivo de Feijoo que fala de 'Por circunstancias sobrevidas modifícase a composición do dito tribunal cualificador' (sic).

O que oculta o Partido Popular é que esas 'circunstancias sobrevidas' non eran outras que a ilegalidade na composición do tribunal ao ter máis da metade dos seus membros pertencentes ao mesmo corpo ao que xulgan as probas, cousa que 'soamente' vulneraba cinco normas e algunha que outra xurisprudencia.

Tal cúmulo de irregularidades fixo que a CIG interpuxera un recurso de reposición o pasado 23 de febreiro e, casualidades da vida, cando se ía acabar o prazo de interposición de recurso, muda o tribunal e aduce esas 'circunstancias sobrevidas'.

Todo este proceso está a crear grande malestar entre o colectivo e opositores que miran con recelo o proceso selectivo polo que dende a CIG esiximos coñecer o estado e avances do tribunal (constituído o pasado 23 de febreiro) e que se fagan públicas as actas do mesmo xa que podería acontecer que se acometera xa a elaboración de preguntas do exame e estas estarían en coñecemento de persoas que non son membros do tribunal polo que terían que ser desbotadas por ser coñecidas por persoas que xa non están nel.

Do mesmo xeito esiximos tamén que Función Pública aclare se os cambios no tribunal van afectar á data prevista do proceso selectivo fixada para o día 22 de abril de 2018.

 

 

 

 

Coa mesma ética de caverna que destila unha política cínica en materia de igualdade, o Partido Popular, non só tenta boicotear a folga de mulleres publicando os servizos mínimos o día anterior para que non poidan ser impugnados, impoñendoos excesivos en centros de traballo onde prestan servizos maioritariamente mulleres e facendo campaña aberta contra a folga, senón que agora, adícanse á contraprogramar as concentracións coincidentes cos períodos de paro e concentracións.

Convídannos a concentrarnos a todas as empregadas públicas á mesma hora que se inician os paros e xusto cando a CIG e outras organizacións temos convocadas concentracións.

A mentalidade totalitaria desta xente non concibe que a folga é un dereito e que unha administración ten que facilitar o exercicio de dereitos, ou cando menos non obstaculizalos conscientemente.

Por desgraza para eles a folga e as concentracións foron un éxito.

A folga de mulleres é unha realidade imparábel!!

Tratando de impedir que a xustiza teña un prazo razoábel para revertilo, a Administración publica o último día o decreto de servizos mínimos:

DECRETO 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018.

Ademais da mala fe desta xogada de publicalos o último día, esta Administración fixa uns servizos minimos abusivos en áreas como os servizos sociais, onde se fixan un número de traballadoras excesivo por quendas, incluso maior que os días de traballo ordinario e o mesmo sucede en centros pequenos onde se chegan a fixar uns servizos mínimos maiores que noutras folgas xerais.

E lembrarvos, que é a empresa, neste caso a Administración, a que ten que designarvos como persoal de servizos mínimos, e se non o fai non hai impedimento para sumarse á folga.

 

PAROS POR QUENDAS DE TRABALLO

de 00h-02h da madrugada

de 12h a 14h

de 19:30h a 21:30h

 

COMARCA DE PONTEVEDRA

PONTEVEDRA: 12:30h na Praza da Peregrina

PONTEVEDRA: 12:00h Hospital de Montecelo

VILAGARCÍA/O GROVE/CAMBADOS: 12:30h Diante dos concellos

PORTONOVO: 12:30h Diante da Piscina Municipal

A ESTRADA: 12:30h Diante do Concello

LALÍN: 12:30 Praza da Igrexa

PONTECESURES: 12:00h diante do Concello

 

COMARCA DE VIGO

 

VIGO: 12:30h Na farola de Urzáiz

VIGO: 12:30h Na estrada Clara Campoamor (na rotonda de aceso ao hospital Álvaro Cunqueiro)

BUEU: 12:30h Diante do Concello (Rúa Eduardo Vicenti, 8)

CANGAS: 12:30h Diante do Concello (Avda. Castelao, 2)

MOAÑA: 12:30h Diante do Concello (Rúa As Barxas, 2)

TOMIÑO: 12:00h Diante do Concello (Praza do Seixo)

TUI: 12:30h No Outlet

O PORRIÑO: 12:30h no IES Ribeira do Louro (Torneiros)

 

COMARCA DA CORUÑA

A CORUÑA: 12:00h Na rotonda do CHUAC

ARTEIXO: 12:30h Nas portas do Concello

BETANZOS: 12:30h Nas portas do Concello

CARBALLO: 12:30h Nas portas do Concello

CEE: 12:30h Praza 8 de marzo

 

COMARCA DE COMPOSTELA

* 12:30h no Centro Comercial As Cancelas

* 12:30h na Praza de Galiza

* 12:30h diante do Hospital Clínico

* 12:30h diante da Xunta de Galiza en San Caetano

RIBEIRA: 12:00h diante do Hospital do Barbanza

 * 20:00h Praza do Concello

 

COMARCA DE FERROL

* 12:30h Praza de Amada García (Edificio da Xunta)

* 12:30h Hospital Arquitecto Marcide

AS PONTES: 12:30h Praza do Concello

 

COMARCA DE LUGO

* 12:30h Diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza

MONFORTE: 20:00h Praza de España

A MARIÑA / VIVEIRO / BURELA / RIBADEO : 12:30h Diante dos Concellos

 

COMARCA DE OURENSE

* 12:30h Praza Maior

O BARCO DE VALDEORRAS: 20:00h Praza do Concello

VERÍN: 20:00h Praza do Concello

 

 

No DOG do mércores 7 de marzo de 2018, convocan 10 procesos selectivos, todos de acceso libre:

O Estatuto Básico do Empregado Publico, introducía, xa hai máis de 10 anos, unha nova estrutura de grupos de clasificación para os corpos e escalas de funcionarios. En lugar dos cinco grupos existentes, a nova estrutura introducía dentro dos grupos (A e C) dous subgrupos en cada un (subgrupos A1 e A2 e subgrupos C1 e C2). E deixaba foga o antigo grupo E onde estaba encadrado, no caso da Comunidade Autónoma de Galiza o corpo subalterno da Administración xeral da Xunta de Galiza.

Agora ben, xa no ano 2008, tanto a Administración como nós percibimos que estes cambios, ao quedar a nova agrupación profesional descolgada da estrutura de grupos, sen posibilidade de carreira profesional dentro da propia agrupación ao non existir niveis, e cun detrimento grave para o persoal en relación á promoción profesional, debían de implicar que se abrira un espazo de negociación sobre este asunto, igual que se fixo noutras administracións,  e iso formalizouse a través do apartado B.1.3 do Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galiza do 21 de abril de 2008.

A CIG-Autonómica en Lugo, a teor da situación vivida hai poucos días por unha cidadá que se sentiu indefensa para exercer o seu dereito ao emprego do uso da lingua propia de Galiza no seu trato coa Administración así como en calquera ámbito da súa vida, quere manifestar o seguinte:

  • Que é máis que evidente a desprotección da lingua galega no noso territorio. Diso dan boa conta as estatísticas dos últimos anos nas que se aprecia unha alarmante perda do número de falantes especialmente na nosa xuventude.
  • Que a Administración galega non ten o máis mínimo interese en potenciar e en defender o uso normal e cotián da lingua propia deste País, e que non toma ningunha medida para frear a sangría do número de falantes.
  • Que os cidadáns e as cidadás teñen o dereito ao emprego do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coas administracións públicas.
  • Que a situación vivida hai uns días no edificio administrativo da Xunta de Galiza en Lugo vén a demostrar a situación de menosprezo que soporta o galego por parte da Administración Autonómica e as poucas intencións que ten de que sexa corrixida.
  • Que é evidente que se está a incumprir sistematicamente a Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística, que foi aprobada por unanimidade e cun consenso total, no Parlamento de Galiza pero que a día de hoxe non se pon en práctica para defender e potenciar o emprego do idioma galego.