A aprobación, co voto a favor de CCOO, da nova RPT de centros de ensino na Comisión de Persoal celebrada o 24 de marzo, supón unha diminución da nosa forza negociadora. Esta central sindical ten unha doble faciana, aos traballadores intenta venderlles a imaxe de proximidade ás súas demandas e, pola contra,  nas mesas de negociación derritese ante os patróns ata darlles a razón.

Despois das recentes asembleas de centros de ensino, onde quedaron patentes moitas das demandas do colectivo, e da negociación previa coa Consellaría sobre esta RPT, onde todos coincidimos en pedir a revisión das ratios, o incremento de plantilla, a apertura dos postos de auxiliar ao grupo C1, etc, CC.OO. se desmarca e brindalles un voto a favor dunha RPT que non recolle absolutamente ningunha das nosas demandas.

Esto supón un balón de osíxeno para a Consellaría e un mazazo aos traballadores que van ver as súas demandas deslexitimadas ante a Consellaría cando se lles propoña unha negociación sobre estes puntos.

Supón, por outra banda, rachar a unidade sindical ao quebrar a táboa reivindicativa básica coa que tacitamente viñamos operando, e nos coloca en mala posición de cara ás futuras negociacións que deberemos establecer cos novos xestores da Consellaría.

A CIG vai seguir buscando esa unidade sindical e dos traballadores e traballadoras deste colectivo, pero tamén vai denunciar a acción sindical contemporizadora e o amarelismo dos que se poñen de xeonllos ante os patróns.