Tal e como adiantamos, no DOG 02/01/2012 foi publicada a orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regula o servizo de acceso electrónico ao recibo mensual de haberes, no ámbito da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Esta orde ten por obxecto regular o servizo de acceso electrónico ao recibo mensual de haberes por parte de todo o persoal ao servizo da Administración xeral, así como das entidades do sector público autonómico de Galicia. A novidade radica en que a partir de agora o recibo mensual de haberes remitirase exclusivamente por medios electrónicos, ben na a través de correo electrónico, ben a través da descarga da páxina do CIXTEC ou o PORTAX.

Excepcións

Porén, a orde tamén establece que poderán seguir co soporte papel as persoa que xustifiquen a imposibilidade de ter acceso a un sistema que lles permita obtelo por medios electrónicos.

Para acollerse a esta excepción, deberase xustificar esta circunstancia mediante a presentación dunha declaración responsable perante o departamento de persoal do centro ou consellería a que estea adscrito, de acordo co modelo incluído no anexo II da orde.