Novas por contido

Non só non acaba cos chiringuitos, senón que permite que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poidan contratar persoal propio sen pasar por un proceso selectivo da Xunta de Galiza.

Na Comisión de Persoal do 03/01/2012 a Administración aprobou co voto en contra da CIG, e favorable de CCOO e CSIF, un decreto que trata de regular o persoal dos entes instrumentais e os procesos de integración. Para a CIG este decreto supón outro engano do Goberno galego, que lonxe de acabar cos chiringuitos, ou de regulalos, vai significar a súa consolidación.

As eivas fundamentais que este decreto presenta son:

  • Con este decreto queda aberta a porta de atrás para que sociedades mercantís e fundacións poidan seguir contratando persoal. Esta esquina do sector público onde apenas rexen as normas propias da Administración se vai confirmar como espazo caciquil con liberdade dos xestores destas sociedade e fundacións para ter persoal propio seleccionado por eles mesmos.

  • Trata do mesmo xeito situacións distintas: persoal laboral da Xunta que aprobou oposicións da Xunta e foi obrigado a renunciar a tal condición para traballar nun ente, persoal dos entes con procesos selectivos homologables e persoal que entrou sen ningún tipo de selección nalgún dos chiringuitos.

  • Mantén situacións de privilexio para determinadas persoas que poden integrarse como persoal laboral da Xunta con salarios de Presidente da Xunta. Fronte aos recortes sufridos polos empregados públicos parte do persoal que se vai poder integrar procede de entes onde as súas retribucións son moi superiores ás establecidas no V Convenio Colectivo Único, chegando nalgúns casos a ser similares ás do Presidente da Xunta de Galiza. E ao mesmo tempo, ao persoal con condicións por debaixo do Convenio se lles mantén nesa situación misérrima, constituíndo estas dúas cuestións un agravio.

  • Pasamos dun primeiro borrador de decreto que regulaba a situación do persoal dos entes en caso de desaparición ou disolución dos mesmos a un decreto que vai permitir que calquera ente que adapte os seus estatutos á LOFAXGA poida converter ao seu persoal en laboral fixo da Xunta, incluso sen ter pasado un proceso selectivo.

  • Non se establecen garantías para que os procesos derivados deste decreto non impliquen a perda de emprego público, nin sequera para que os postos de persoal laboral temporal da Xunta non corran perigo de ser asignados a persoal procedente das entidades instrumentais.

A falta de valentía de Feijoo para poñer fin a un modelo de Administración con chiringuitos que funcionan como reinos de taifas choca coas declaracións grandilocuentes de principios desta lexislatura onde pretendía aparecer como defensor dunha Administración transparente onde ía rematar cos chiringuitos.

Dende a CIG imos a seguir opoñéndonos a calquera proxecto deste goberno que intente confirmar, reforzar ou restablecer os sistemas e métodos caciquís de xestionar o emprego público e a calquera política escurantista que intente alonxar sectores da Administración do control público.

 Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...