Novas por contido

O día 12 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza do comité intercentros da Xunta de Galiza coa Secretaria Xeral Técnica da Consellaría de Traballo e Benestar para falar dunha vindeira modificación da RPT de centros da área de Benestar e máis  súas carteleiras (quendas de traballo, días de libranza...); este último tema a pedimento do propio comité intercentros.

RPT de centros de Benestar Descarga documentación

A secretaria xeral manifesta que na vindeira semana haberá unha xuntanza coas OOSS para a discusión da RPT de centros da área de Benestar. Inciden en que hai unha minoración orzamentaria do capítulo I e haberá unha redución naqueles centros onde consideren unha sobredimensión de efectivos e un incremento de postos, vía eliminación dos acúmulos continuados ou a consecuencia de sentenzas.

Non hai incremento de gasto; haberá creación de postos de traballo pero só naqueles centros nos que hai un uso sucesivo dos contratos por acumulación de tarefas.

A CIG critica esta constante minoración da RPT de Traballo de Benestar con paulatinas e constantes modificacións; modificacións que supoñen unha sangría dos servizos públicos que rematan en mans de empresas privadas.

Carteleiras

A secretaria xeral asegura que ordeou retirar a circular pola que se daban instrucións ás direccións de centros para a elaboración das carteleiras anuais para aqueles traballadores/as cunha xornada diaría de 7 horas en quendas de mañan ou de tarde e de luns a venres.

O Comité Intercentros presentou unha batería das distintas intrerpretacións que as direccións de centros defenden nas negociacións para a elaboración das carteleiras anuais. Discrepancias tan importantes coma a consideración de días hábiles ou inhábiles, compensacións por festivos ou domingos traballados, días de libre disposición engadidos ás vacacións, cómputo da xornada máxima anual.....

Esta disparidade de criterios foi entendido pola Administración que aceptou a proposta da CIG de elaborar un protocolo para a súa aplicación por tódolos centros da consellaría.

Así, as partes acordaron que o comité intercentros achegue a súa proposta de criterios que deben seguirse na elaboración das carteleiras anuais para a súa posterior discusión coa consellaría.

Ao remada da reunión, o Comité Intercentros decidiu instar aos comités provinciais para que acheguen as súas propostas para a posterior elaboración dun documento único. Este traballo xa está rematado por algúns comités provinciais xa que vai para dúas semanas que o comité de Pontevedra instou aos das restantes provincias unha acción común.