No último plenario da Xunta de Persoal, celebrado o día 19 de xaneiro, adoptáronse os seguintes acordos:

  • Emitir un comunicado de rexeitamento aos recortes aprobados polas distintas Administracións Públicas e en defensa dos servizos públicos e da figura do empregado público, asi como a convocatoria dunha asemblea de traballadores para o día 9 de febreiro co obxecto de analizar e debater sobre a situación e acordar mobilizacións. Decideuse facelas nos edificios administrativos de San Caetano e de San Lázaro no lugar e hora que se comunicará oportunamente.

  • Realizar unha concentración de delegados e delegadas, baixo o lemaA Xunta de Persoal existeo día 26 de xaneiro, ás 12 horas, na praza que hai diante do Consello da Xunta, para expresar a nosa indignación polo desprezo dalgúns departamentos da Xunta de Galicia que ni tan siquera se digna a contestar oas escritos que dende este organo se lle remiten. Acordouse solicitar o apoio dos membros do Comité de Empresa dos SS CC e dos delegados das distintas seccións sindicais.

  • Remitir á Dirección Xeral da Función Pública un escrito dirixido no que solicitamos que nos confirme a continuidade de todos os procesos de selección e provisión pendentes e que se nos informe do cronograma previsto para cada un deles.

  • Delegar na Comisión Permanente da Xunta de Persoal para que faga as xestións de cara a abrir unha negociación con RENFE, na que participaría tamén a Xunta, para intentar como obxectivo de mínimos unha minoración no prezo do bono 40 do Avant.

  • Facer, a través da Comisión Permanente, as xestións oportunas con Tralusa para reforzar as liñas que unen a estación do tren con San Caetano e con San Lázaro nos horarios de entrada e de saída; así como o reforzo das liñas do Gaiás.

  • Modificar o regulamento da Xunta de Persoal na liña de permitir a delegación de voto nos casos de paternidade, maternidade e para todos os permisos de conciliación previstos na Lei de igualdade.