Concentración contra o preche Montealegre 24 de xaneiroO Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Ourense manifesta o seu total rexeitamento á decisión  da Consellería de Traballo e Benestar de PECHAR DEFINITIVAMENTE o CENTRO DE MENORES MONTEALEGRE de titularidade e xestión pública.  Con esta decisión elimínase un centro enteiro dun prumazo, que presta desde hai 30 anos e ata o de agora, un servizo básico e impecable na reinserción na sociedade de menores en risco de exclusión social.

Este comité esixe que se fagan as obras necesarias de mellora das instalacións e continuar prestando este servizo público e de calidade.

Esta situación é unha proba evidente do desmantelamento dos servizos públicos  que se está a levar a cabo en toda a Comunidade Autónoma. A Consellería pretende eliminar 65 postos de traballo, deles, 19 na provincia.  Isto evidenciase máis na provincia de Ourense na que, apesares de contar cun numero moi escaso de prazas para usuarios de centros e un gran demanda das mesmas, tanto en centros de maiores, menores, escolas infantís, ningún centro para discapacitados...PÉCHASE UN CENTRO ENTEIRO.

Concentración de rexeitamento:

Día: venres, 27 de xaneiro

Hora: 9:30

Lugar: diante da EGAP (Compostela)