O 25 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza coa secretaria territorial de Pontevedra para tratar varios asuntos que son do interese para os empregados e empregadas públicas que traballan no edificio administrativo de Pontevedra.

Reorganización e optimización das prazas de garaxe do andar para o persoal

A Administración refire que os cambios foron por “velar polo ben dos traballadores" e que foi por evitar o caos existente por pedimento petición do xefe de Seguridade do edificio. A proposta dos representantes de persoal foi a optimización do andar de vehículos oficiais por darse o caso de ter prazas baleiras durante a xornada de traballo.

A CIG fixo fincapé, ademais, no estudo das dificultades  daqueles traballadores e traballadoras que sempre se quedan fóra do garaxe por motivos de conciliación da vida laboral e familiar: reducións de xornada, flexibilizacións,  lactación...

A Administración comprométese a facer unha proposta inicial antes do 8 de febreiro, data da próxima Xunta de Persoal.

Climatización

Na mesma xuntanza, a secretaria asegura que en breve achegará novas sobre a climatización do edificio e o seu deficiente funcionamento.