A CIG-Autonómica presentou hoxe unha extensa e completa batería de alegacións á proposta da consellería de Traballo e Benestar da reforma da RPT dos centros que dela dependen. Unha reforma que supón un verdadeiro atentando contra os traballadores públicos, contra os servizos públicos e, por ende, contra as persoas máis débiles que dependen deles para o seu benestar.

Mañá terá lugar a segunda xuntaza para destripar esta reforma. Ao mesmo tempo está convocada unha concentración de protesta por parte do comité de empresa de Traballo e Benestar de Ourense. Con esta concentración quérese expresar o rexeitamento contra a política de desmantelamento dos servizos públicos e noemadamente do centro de menores de Montealegre. A concentración terá lugar ás portas da EGAP, lugar onde se levará a cabo á xuntanza coa consellaría.

Descarga as alegacións