O Comité de Traballo e Benestar da provincia da Coruña vén de emitir un comunicado de rexeitamento as medidas de recortes antisocias na mesma liña que outros órganos de representación do persoal da Xunta de Galiza e fai un chamamento á participación nos distintos actos de mobilización programados:

  • Apoiar a concentración ás 9,30 horas na EGAP-Santiago de Compostela o día 27/01/12 convocada polo Comité de Ourense,o mesmo día da reunión dos sindicatos con consellería co lema : "Non ao peche de centros de menores da Xunta nin a amortizacións de prazas na consellaría de Traballo e Benestar".
  • Convocar unha asemblea-concentración diante dos Centros de Menores de Soutomaior e Virxe do Carme en Ferrol, o día martes 31 de xaneiro de 2012 ás 11:00 horas.
  • Convocar unha asemblea-concentración diante do Centro San José de Calasanz na Coruña, o mércores 1 de febreiro de 2012 ás 11:00 horas.
  • Convocar unha asemblea-concentración diante da Xefatura Territorial da Coruña, o mércores 8 de febreiro de 2012 ás 12,30 horas.
  • Convocar unha asemblea-concentración diante da Residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, o xoves 9 de febreiro de 2012 ás 11:00 horas.


Todo isto co fin de denunciar a política de amortización de prazas e desmantelamento dos servizos públicos que esta a levar a Consellería de Traballo e Benestar.

CONTRA OS RECORTES, POLA DEFENSA DE DEREITOS DO PERSOAL LABORAL E O MANTEMENTO DE TODOS OS SERVIZOS PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.