Formula do presidente da Xunta de Galicia para adelgazar a Administración: sóbranlle os empregados e empregadas públicas pero non lle sobran as asistencias técncias.

A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe vai proceder á renovación a TRAGSA dunha encomenda de xestión para o ano 2012 que ten por obxecto a “Coordinación e difusión de información territorial para o desenvolvemento dos estudos territoriais no marco da sostibilidade e a paisaxe”. Como en tantos casos, os traballos realizados pola asistencia técnica non teñen nada que ver co fin da encomenda, estando actualmente desempeñando funcións correspondentes a persoal funcionario.

Logo de que este órgano de representación solicitara información sobre as asistencias técnicas existentes nos diferentes departamentos da Xunta de Galicia, a administración dá a calada por resposta. Nos non nos cansaremos de denunciar estas irregularidades que son máis que habituais nesta administración.

A Xunta de Persoal esixe que se paralice esta encomenda.