Coa aprobación da nova estrutura orgánica da Xunta de Galiza, na que Cultura perde a súa consideración de consellería, pasando a ser de facto unha Secretaría dependente de Educación, agroman e reprodúcense unha serie de problemáticas:

  • A situación actual da proposta  de Relación de postos de traballo.
  • Os movementos de persoal cara outros centros e persoal pendente de adscrición
  • A optimización de centros na Cidade da Cultura
  • As adscricións provisionais por motivos de saúde nos centros dependentes de Cultura.
  • A situación da praza do Arquivo Administrativo de Pontevedra.
  • O plan de futuro sobre as actuais unidades dependentes da extinta Consellería de Cultura.
  • A duplicación do persoal de gabinete , prensa e asesoría.

É por isto que vimos de emprazar ao secretario xeral de Cultura a unha xuntanza  para tratar estes temas, que consideramos de grande importancia para o colectivo de empregados e empregadas públicas do extinto departamento de Cultura.