Novas por contido

Os órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta afectados por esta modificaciónde RPT son a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral da Presidencia, a Asesoría Xurídica Xeral e a Secretaría Xeral de Medios

A administración pretende amortizar 14 prazas para crear outras 8, das cales 3 son por sentenza. Desas 14 prazas que amortizan, todas están vacantes menos dúas:


  • Secretario/a (Director/a) do extinto Servizo Galego de Igualdade do Home e da Muller, grupo C1-C2, nivel 18. A persoa que está nesta praza quedaría a disposición da persoa titular da conselleria.


  • Camareiro/a Limpador/a, grupo V categoría 1, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e ocupada por persoal laboral temporal. Esta persoa iríase á rúa.


En relación con isto, sinalar que a administración pretende crear na Secretaría Xeral para o Deporte dous postos de Técnico Deportivo (Grupo I-1) coa amortización desta praza de Camareiro/a Limpador/a (ocupada por persoal laboral temporal) xunto con dúas prazas de Xefe/a de Negociado Administrativo (nivel 18 A2-C1-C2), que están vacantes.

Aparte disto, con esta modificación readscríbense os postos de traballo do extinto Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e Secretaría Xeral á Secretaría Xeral de Igualdade, cos conseguintes cambios de código e/ou denominación de postos.

A maiores disto, incorpórase o plus de conducción para algúns postos de subalterno/a así coma o complemento de singularidade de posto (responsabilidade), polo desempeño da función de conducción habitual de vehículos para dous postos de Persoal de Servizos Xerais, grupo V-11.

Asimesmo, modifican un posto de subalterno/a (nivel 10-AP) que pasa a ser Porteiro Maior (nivel 14-AP) con xornada de tarde, forma de provisión por LD, adscrición A11 (indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galiza, Estado e CC.AA.) e co requisito imprescindible de ter o permiso de conducir de clase B. A administración explica que esta praza de Porteiro Maior é exactamente igual que outra que xa hai creada e que é de LD porque as persoas que ocupan estas prazas teñen acceso incluso ás dependencias persoais de Feijoo en Montepío (sic).

Polo demáis, hai unha serie de prazas que contan cunha serie de méritos tales coma experiencia en contratación, en xestión económica, en control de ingresos/pagamentos/depósitos, en manexo e xestión de fondos públicos, en coñecementos de informática a nivel de usuario e en experiencia en informática. Algunhas outras prazas tamén teñen como mérito a licenciatura en dereito.

A Administración tamén suprime nalgunhas prazas algúns requisitos de titulación e algúns códigos de formación específica, así coma cambia a denominación dun posto na S.X. de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais (Secretaría Xeral de Medios). Asimesmo elimina o contido do apartado ‘observacións’ de dúas prazas no Gabinete Territorial da Coruña (Asesoría Xurídica Xeral).

Por outra banda, moitas prazas están abertas indistintamente a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA, na maioría dos casos nos postos superiores excepto nas de concurso, que son sete prazas de auxiliar administrativo/a e unha de subalterno/a. A administración recoñece que o porcentaxe destas prazas é de aproximadamente o 22%, superando ampliamente o tope establecido do 5%.

As nosas alegacións foron:

  • Botamos en falla unha memoria económica; pedímoslla á administración e ésta contestou que non a tiñan pero que “a ollo” o saldo era positivo entre as amortizacións e as prazas que pretenden crear.


  • Estamos totalmente en contra da amortización de prazas e moito máis se éstas están ocupadas coma o caso da de Camareiro/a Limpador/a. Con esta proposta estanse a precarizar os servizos públicos, pois como lle lembramos á administración, están a amortizar 14 prazas para crear só 8.


  • Non estamos dacordo co abuso das LD.


  • Non estamos de acordo co requisito imprescindible do permiso de conducir B para os subalternos , posto que nos procesos selectivos para o acceso a esta categoría non se lle pide aos aspirantes este permiso de conducir.


  • Tampouco estamos de acordo co abuso na apertura a outras administracións, cando non hai unha reciprocidade neste senso.


  • Asimesmo rexeitamos que a praza de Porteiro Maior sexa de LD e aberta a outras administracións (A11).


  • Tamén estamos en contra da necesidade de ter experiencia en determinadas materias como mérito, pois en caso dun concurso, somentes aquelas persoas con esa experiencia tería acceso a esas prazas.


  • Rexeitamos tamén o complemento de singularidade de posto (responsabilidade) polo desempeño da función de conducción habitual de vehículos para dous postos de Persoal de Servizos Xerais (grupo V-11) por estar estas prazas ocupadas; pois consideramos que o dotar de complementos ás prazas ocupados é algo así coma darlle un premio ás persoas que as ocupan.


Unha vez que o Vicesecretario Xeral analizou todas as alegacións, e en aras de buscar o ansiado apoio das OO.SS., fixonos a seguinte proposta: se todos os sindicatos aprobamos esta modificación, el comprométese ao seguinte:

  • retirar as adscricións A11 para cinco das oito prazas que son de concurso.


  • retirar parte dos méritos para as prazas que os teñen.


  • crear unha única praza de Técnico Deportivo na Secretaría Xeral para o Deporte para, desta maneira, non ter que amortizar a praza de Camareiro/a Limpador/a ocupada por persoal laboral temporal.


Consideramos esta proposta unha chantaxe en toda regla pois, utilizando como gancho a praza ocupada por persoal laboral temporal, pretenden colarnos a amortización de 14 prazas para crear só 8, dando unha diferencia de 6 prazas a favor dos intereses “recortadores” da administración.

Por último, o vicesecretario xeral informounos de que nestes últimos días recibiran tres novas sentenzas xudiciais, coa conseguinte obriga de creación dos postos obxecto das ditas sentenzas.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...