Búscase persoal funcionario do subgrupo A1 para o posto de Subdirector de Coordinación Orzamentaria e Contratación. Valorárase experiencia en orzamentos, contratación e fondos europeos. Requírese boa presencia.

Conscientes da dificultade para atopar entre o persoal funcionario da Xunta de Galiza unha persoa con iste perfil, desde aquí brindamos a nosa plataforma para botarlle unha man ao secretario xeral técnico de Medio Rural.

Esta retranca vén motivada porque fumos chamados a unha reunión con Medio Rural sen dicirnos a qué nos convocaban e sen achegarnos a documentación pertinente. Cando chegamos alí nos din que é para facer unha modificación exprés da RPT: abrir un posto de subdirector/a á administración local. O máis gracioso foi a motivación: non atopan unha persoa válida do subgrupo A1 na Xunta de Galiza.

O que se lle olvidou comentarnos é que esa persoa tiña que ser de confianza. E claro, con tanta desconfianza queda polo camiño a carreira profesional de decenas de compañeiros e compañeiras en postos base ou a diposción da persoa titular da consellaría. Iso por non falar do gasto que conleva andar traendo persoal doutra administración cando hai excelentes profesionais dentro da casa.

Como non podía ser doutro xeito, a CIG mostrouse en contra desta proposta.