O voceiro do Partido Popular Antonio Rodríguez Miranda, fixo onte unhas declaracións á TVG nas que intentaba transmitir a idea de que os empregados públicos eramos uns privilexiados que nos estamos a mobilizar por dereitos dos que non disfrutan o resto dos cidadáns, sumándose a campaña do Partido Popular que pretende xustificar os recortes aos empregados/as públicos/as e o abandono dos servizos públicos polo gasto que se xenera na Administración.

E xusto detrás del se atopa unha desas persoas que parasitan á Administración Pública: “el niño” Javier Dorado, de 23 anos, que dende o 2009 e sendo estudante de Dereito foi escollido polo conselleiro de Industria para ser o seu asesor (auxiliar de Gabinete).Poñemos ligazón a medios afíns coas declaracións de Miranda co parásito ás súas costas na TVG (abrir ligazón), e unha nova doutro medio afín Libertad Digital de cando lle fixeron o casting (abrir ligazón).

Este exemplo do doado con que xogan cos diñeiros dos cidadáns, non é algo excepcional. E mentres tanto, o presidente da Xunta, os conselleiros, o seu partido, .. seguen nas súas: transmitir que somos uns privilexiados, que o único problema é que nos van reducir os días de libre disposición e que a situación económica obriga, cando son eles, os seus asesores como Javier Dorado, o persoal de gabinete, e as asistencias técnicas as que están desangrando a Administración Pública.