O dia 7 de febreiro tivemos unha xuntanza co vicesecretario xeral da consellaría do Medio Rural, quen nos nos confirmou que os Fixos discontinúos comezan o día 15 de febreiro.

Informaronos tamén de que a RPT teñen pensado sacala para finais de marzo. En canto a reorganización do SPDCIF din que é independente da modificación da RPT. No que respecta á nocturnidade do pladiga din que non teñen nin un euro (a consellaría di que xa a pagaran entre decembro e xaneiro), e a que falta dos pladigas teñen a idea pagala toda en canto dispoñan do crédito dos novos orzamentos.

Dixeron que esta xuntanza era unha primeira toma de contacto, e quedaron en convocarnos para a semana que ven para unha xuntanza onde podamos expoñerlle todas as nosas demandas.