O mércores, 8 de febreiro, tivo lugar a primeira xuntanza para tratar a proposta de modificación da RPT de Industria. A CIG presentou as seguintes alegacións diante dos representantes da consellaría:

  • Traslado de persoal a Educación: reiteramos que este se fixo sen negociación previa coas organizacións sindicais, e que vulneran as leis de función publica, orzamentos, LOFAXGA e incluso o ditame do consello consultivo (recordemos que os estatutos publicados no DOG falta a verdade asegurando que estes se fixeron ”dacordo co ditame do consello"). O resto das organizacións  sindicais están dacordo coa nosa postura.

  • Solicitamos que un asesor xurídico da xunta asine un informe onde se de fe da legalidade das actuacións levadas a cabo polo persoal da consellería; entre outras, o traslado a Educación e a creación das prazas derivadas de sentenza. Viviuse un momento de tensión e din que o van a estudar.

  • Preguntamos por as prazas que se amortizan si son vacantes puras. Responden que si.

  • Entre as amortizacións e as prazas que se crean hai un remanente de 17.225,15€. Comentamos que ese remanente se garde para o capítulo I, dese xeito no futuro non haberá que amortizar outras prazas ou para posible creación de complementos. Din que o van estudar.

  • Sabemos como esta a normativa, de todos xeitos, pedimos por coherencia sindical que as xefaturas de servizo pasen a ser por concurso, e que estas prazas estean pechadas a persoal funcionario da administración de Xunta de Galicia, AXG. Sabemos que a administración pasa  amplamente o límite do 5% das prazas abertas a outras administracións; non hai un convenio de reciprocidade, nin son postos base. Este tipo de actitudes demostra o pouco que a Administración autonómica confía nos seus traballadores para os postos de responsabilidade. 

  • Prazas de sección xurídica: defendemos que non se debe abrir unha soa praza a titulación en ciencias políticas para non caer en solucións persoais; se é for así debese abrir, nese caso, todas as seccións xurídicas tamén a ciencias políticas. Insistimos que en calquera caso entendemos que as para as seccións as titulacións específicas deben ser mérito mais nunca requisito e pedimos que se abran aos subgrupos A1-A2-C1. Din que o van estudar.

  • Sección xurídica creada en Pontevedra: defendemos que se tódolas provincias teñen as mesmas competencias non se entende que o resto non teñan esta sección. Entendemos que en calquera caso que esta praza debe crearse en Santiago para que poida atender as necesidades comúns a tódalas delegacións. Os directivos da Xunta defenden que actúan deste xeito porque o pediron dende esta xefaturas territorial. Recordemos que se amortizan dúas prazas de persoal para crear a antedita sección.

  • Indicamos que imos remitir as alegacións por escrito