Novas por contido

Achegamos unha alternativa dos órganos de representación de servizos centrais ao Anteproxecto de Lei de medidas no emprego público. Este proxecto de contramedidas incide en gastos completamente prescindibles sen que haxa que tocar para nada os gastos de persoal.

O proxecto foi elaborado conxuntamente polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. Este proxecto foi presentado  hoxe no rexistro xeral de San Caetano á atención do Presidente da Xunta polas presidentas de ambos órganos. A entrega no rexistro tivo lugar con carácter previo á concentración-protesta nas portas da EGAP onde tiña lugar a Mesa Xeral de Negociación sobre o proxecto da Xunta.

Desde os órganos de representación do persoal da Xunta de Galicia de Servizos Centrais queremos transmitirlle tanto ao presidente da Xunta coma a cidadanía que existen alternativas onde non só se pode, senón que se debe, recortar e que lle darían a Xunta moito máis dos 80 millóns de € que buscan. Porén, tampouco debemos esquecernos que no apartado de ingresos tamén se pode ser austero loitando, por exemplo, contra o fraude fiscal ou facendo impostos máis progresivos nos que as persoas que máis teñen colaboren en maior medida nos momentos de dificultade.

Descargar alternativa

SE QUEREN AUSTERIDADE, ÍMOSLLE DAR AUSTERIDADE

QUE COMECE AGORA A NEGOCIACIÓN

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...