No día de hoxe quedou constituido o Comité Intercentros na que saíu elixido o compañeiro Rodolfo Docampo (CIG) como presidente. A Secretaría levaraá o compañeiro Lino López (UXT).

Houbo dúas candidaturas: unha presentada por CC.OO e outra pola CIG e UXT;  CIG e UXT (7 votos), CC.OO (4 votos) e 2 abstencións por parte do CSIF.

Por outra banda, tratáronse varios temas como novas e renovacións de adscricións temporais, funcións de superior categoría; o escrito remitido polo Comité de Empresa de Cultura de Ourense abordaráse no vindeiro pleno do comité.

Quedou concretada a vindeira Permanente do Intercentros para o día 28 de febreiro, salvo que acontecese algo importante e urxente nas vindeiras datas.