Novas por contido

Coma cada 1º de maio, dende as federacións e locais comarcais da CIG-Compostela organízanse diversos actos para celebrar o día do internacionalismo proletario. En Santiago ás 12.30h terá lugar unha manifestación que sairá da praza Roxa. En Ribeira terá tamén lugar outra manifestación que sairá ás 12.00h de diante do local da CIG (praza do Peixe). Como xa é habitual, ao remate da manifestación de Santiago celebrarase un xantar popular de confraternización na carballeira de San Lourenzo. As persoas que queiran participar no xantar deberán anotarse previamente chamando ao 981.58.32.00 ou no local comarcal. Os prezos son de 12€ para traballadores/as e 6€ para parados/as e estudantes. Dende a CIG-Autonómica animámosvos a todos e todas a desfrutar destes actos e a celebrar connosco este día.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...