Ninguneado e desposeído da Función Pública galega, Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia camiña por rutas imperiales cara a despeñarse no abismo político. Co nomeamento de José Norberto Uzal Tresandi, candidato da Falange ao Parlamento Europeo como director xeral de Administración Local, Rueda fai honor á vella divisa falanxista de Familia, Municipio y Sindicato.

Voltamos ao máis rancio dos vellos tempos?

Os novos Xefes Territorias, triste denominación de inspiración falanxista, cabezas dunha administración de exacerbado provincialismo; o caracter eminentemente político dunha consellería que perde á súa dirección xeral máis técnica, Función Pública; a dura loita dentro do PP por restar protagonismo aos Gauleiter provinciais e apañadores de votos, indican que Feijoo colocou nesta consellería a un peón que vai facela funcionar a toda máquina como un instrumento partidario para consolidar o poder do seu führer dentro do partido.

Que sorpresas nos vai deparar o rascar nos curriculums do resto dos agraciados dos últimos días?

Mais información: