Achéganos a Dirección Xeral de Función Pública a listaxe de prazas que se exclúen do concurso de persoal laboral grupo V segundo o disposto no artigo 7 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro de 2012 de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG  02/03/2012). Descargar listaxe

Este artigo da lei modifica a Orde do 4 de maio pola que se convoca concurso de traslados do grupo V excluíndo aqueles postos que están afectados pola disposición transitoria décimo cuarta do texto refundido da Lei da función pública de Galiza (postos afectados polo proceso de estabilización) e pola disposición transitoria décima do V Convenio colectivo (postos afectados polo proceso de consolidación).

Por outra banda, volverase a reunir a comisión de valoración co obxecto de revisar reclamacións presentadas contra o  baremo provisional publicado no DOG 11/11/2011.