Novas por contido

Mentres os recortes contra os servizos públicos, e os propios empregados públicos que os facemos posibles, seguen avanzando.

No  DOG 08/03/2012 sae publicado un anuncio a contratación de servizos para o desenvolvemento de campañas publicitarias sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social.

Estes 1,2 millóns de euros podería ser un dos 80 que Feijoo di que ten que aforrar para manter os servizos públicos esenciais, sen necesidade de ter que recortarnos dereitos sociais e laborais ás empregadas e empregados públicos. Cantos traballadores públicos, por exemplo, temos que poñernos de baixa para xuntar os 1.200.000 € que a Xunta vai dilapidar en darlle publicidade ao seguinte?:

  • Identidade da Xunta: que pasa, que a xente non sabe o que é a Xunta e hai que andala identificando?

  • Galeguidade: a galeguidade demostrase doutro xeito señor Feijoo, non atacando o idioma galego, non retirándolle as subvencións aos medios que utilizan o galego, enxalzando figuras galeguistas, como Rosalía de Castro, e non negándose, como hai ben pouco, a establecer un día no ensino para lembrar a súa figura.

  • Datas de especial sensibilidade social: isto xa é a contradición máxima. Que fale de sensibilidade social un goberno que privatiza os servizos públicos dos que as empresas amigas poidan sacar rendemento e suprime aqueles "deficitarios", que cerra comedores escolares, que reduce servizos de ambulancias, que reduce as retribucións durante as baixas dos traballadores enfermos, que suprime quirófanos e camas hospitalarias, etc. etc. Agora pretende dar a coñecer que ten sensibilidade social; en realidade o que vai publicitar é que ten sensibilidade social con certas datas, non coas persoas humanas pois coas persoas xa vemos que non a ten.

Podemos intuír tamén, polo sucesivo goteo de convenios e subvencións publicados no DOG, a que medios de comunicación vai ir a parar este contrato.

Nota remitida aos medios

NON Á AUSTERIDADE HIPÓCRITA!

NO AO SECUESTRO DOS NOSOS DEREITOS PARA PAGAR GASTOS INÚTILES!

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...