A Consellaría de Traballo e Benestar convocounos a unha xuntanza para o mércores, 7 de marzo, co obxecto de "negociar" a adaptación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito desta Consellería.

A Consellería, entrega un documento que xa esta en todos os taboleiros dos centros de traballo dende o luns, asinado pola Secretaria Xeral o venres, 2 de marzo, coas instrucións para as direccións dos centros. Descargar instrucións

Todas as organizacións sindicais aseguramos que non imos a negociar absolutamente nada.

Desde a CIG expuxemos que a interpretación do Convenio ou a súa modificación corresponde á Comisión Paritaria, non a unha consellería en particular, e que en todo caso se convocara ao organismo que corresponda. Desde a CIG traballaremos con toda os instrumentos e ferramentas xurídicas dispoñibles para loitar contra esta imposición.


A continuación falamos de aclarar algúns puntos das instrucións dadas pola consellaría. A preguntas da CIG, a consellaría constesta que:

  • Se pode levar comida aos centros e facultarase un lugar para quentala e comer, así como para conservala (frigorífico, microondas, etc…)

  • Se pode tomar café no centro, non hai ningunha orde sobre iso é o café pódese tomar do mesmo xeito que ata o de hoxe.

  • O tempo de vacacións será solicitado polo traballador durante toda a súa duración. A dirección non fixará parte do período.

  • As xornadas de traballo poden ser irregulares, é decir, haberá días que se fagan 7:30h e outros de 7h.

Solicitamos a compensación económica polos domingos e festivos. A secretaría xeral considérao lóxico, pero asegura que é competencia de Función Pública, polo que demandamos a convocatoria da Comisión Paritaria.