Novas por contido

A pesar da crise, da austeridade e dos recortes, observamos que as privatizacións, as externalizacións, asistencias técnicas, encomendas, concesións e demais familia seguen realizándose sen ningún tipo de transparencia e control. Vai pouco denunciabamos á Traballo por ceder a xestión a FESAN, fundación privada allea a Xunta, duns expedientes nos que tiña, ademais, interese directo. Pero que pasa en Augas de Galiza, o FOGGA, Medio Rural ou os diferentes servizos informáticos por citar só algúns exemplos?

Cada vez son máis os órganos que quitan das mans de empregadas e empregados públicas, baixo as diferentes casuísticas sinaladas, a xestión dos servizos públicos. E vemos tamén que mentres que para as empregadas e empregados públicas non hai máis que “necesarias e urxentes” medidas de recortes as novas formas de xestión gañan terreo, xustificando tamén a súa presenza como “necesaria e urxente”.

No seu momento, a CIG-Autonómica propuxera un órgano colexiado de control onde este representada a parte social. A atención focalizaríase nos contratos que pola súa natureza poidan dar lugar a cesións ilegais de traballadores ou a contratos en fraude de lei, e ao mesmo tempo fixar se o obxecto e natureza do contrato non é determinado na duración da obra e servizo e pode considerarse que é un traballo estrutural a desenvolver con persoal laboral e funcionario.

Nestas últimas semanas foron moitas as achegas de empregados e empregadas públicas que nos advirten sobre encomendas de xestión ou asistencias técnicas que comparten o seu espazo de traballo, que non son empregados públicos e que non saben moi ben as tarefas que realizan ou noutros casos están realizando funcións propias de persoal funcionario ou laboral.

A CIG-Autonómica vén de recoller esta indignación colectiva e solicitar aos centros onde existen indicios ou sospeitas destas situacións, dado que está a traballar persoal alleo, información sobre a xustificación técnica desas contratas e/ou encomendas, así coma o seu importe económico. Dado tamén o evidente risco de cesión ilegal solicitamos información sobre a achega de medios propios, da realidade empresarial do contratista e máis da declaración responsable de que a Xunta non exerce funcións de empresa.

De entre as situación da que nos achegan denuncias e sobre a que solicitamos información recentemente están:

  • Augas de Galiza

  • Fondo Galego de Garantía Agraria

  • Subdirección xeral de Sistemas informáticos (Medio Rural)

  • antiga Consellaría do Mar

  • antiga Dirección Xeral de Montes

  • Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica

  • Encomendas de AGADER con TRAGSA (DOG 01/02/2012)


Entre todos estes casos hai que diferenciar o que son “asistencias técnicas” de “encomendas de xestión”. Habitualmente temos respostas das consellarías dicindo que non existen asistencias técnicas facendo o traballo de empregados públicos, porén nada se informa sobre as encomendas de xestión con ou sen medios propios. Cómpre facer fincapé en que está información debese solicitar porque como sabemos esta práctica da lugar a cesións ilegais de traballadores e por outra banda, son gastos que tamén deben estar sometidos á mesma austeridade que se nos pide aos empregados e empregadas públicas.

Por outra banda, algúns destes casos denunciados teñen xa certa soleira. Porén, isto vén a demostrar que na externalización de servizos non se recorta e seguen saíndo cartos para afora, porque hai que recordar que as encomendas ou as asistencias técnicas, ao igual que o salario dos empregados públicos, tamén se "pagan".

O peor de todo é que isto se faga sen o necesario control e transparencia, cando nesta Administración temos medios dabondo para facelo e os empregados públicos se preguntan se os cartos que se nos detraen da nosa enfermidade, da nosa acción social ou dos nosos contratos temporais vai ser empregado para manter este modelo de Administración privatizante.

Desde a CIG-Autonómica lle trasladamos esa inquietude á Administración galega pero primeiro solicitamos á información e aclaracións ás que legalmente temos dereito. Por último, queremos facer un chamamento aos traballadoras e traballadores públicos que poñan no noso coñecemento estes casos e/ou indicios de falsa austeridade para investigar e/ou denunciar e que poidan ser controlados e coñecidos pola cidadanía.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.