Suspendido por cambio nas condicións meteorolóxicas

Tendo en conta as previsións metereolóxicas a curto e medio prazo e a seca acumulada, declarouse período de alto risco de incendios forestais. Esta declaración afecta ás condicións de traballo do persoal ao servizo do SPDCIF.

A Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, en cumprimento do disposto no punto 3.3.7 do acordo das condicións de traballo do persoal do SPDCIF, propón a quenda extraordinaria desde as 24.00 horas ata as 7.00 horas que se aplicará a partir das 00.00 horas do xoves 15 de marzo.

Ademais, infórmasenos de que a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes comunicou ás Xefaturas Territoriais que dentro de sete días iniciaranse as quendas de perigo alto de conformidade co previsto no punto 3.3.3 do acordo.