A CIG-Autonómica vén de solicitar unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Modernización, en relación coa posta en funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Nos últimos días, desde a Administración remitiu informacións a diversos medios de prensa sobre os plans para a entrada en vigor desta nova axencia, que podería implicar reorganización e/ou relocalización dos postos de traballo, nomeadamente do persoal de escalas informáticas.

Desde a CIG rexeitamos a total e absoluta falta de información sobre os cambios para o persoal que podería implicar a implantación da AMTEGA, e demandamos a clarificación dos criterios cos que se levaría a cabo, de ser o caso, a reorganización dos postos.