Novas por contido

A CIG presentou un escrito de alegacións no que rexeita a retirada das prazas do concurso de traslados e solicita unha explicación por escrito da dita decisión.

Esiximos, que en vez de modificar a orde de convocatoria, o proceso se retrotraiga ao seu incio, é decir, se publique unha nova orde de convocatoria do concurso de traslados do grupo V. De non ser aceptada a nova convocatoria, que se amplie o prazo para que as persoas afectadas por esta modificación no número de prazas poidan exercer as accións pertinentes.

Cómpre facer fincapé en que a decisión de retirar as prazas da consolidación do concurso de traslados é unha decisión da Administración e agora lexislativa pero non foi a Xustiza a que tumbou a consolidación nin ordenou retirar as prazas, habendo mesmo sentenzas do TS no sentido que defende a CIG.

Por outra banda, os procesos do concurso de traslados e a oposición ían rematar simultaneamente garantindo o dereito do persoal laboral fixo a concursar e o do persoal que aprobe a consolidación a elección dunha praza nun proceso de elección de destino.

Comisión de valoración

Na última xuntanza da Comisión de valoración revisáronse sobre 150 alegacións dun total de 670. Agardase que antes de rematar o mes estea lista a revisión das alegacións. Porén, despois aínda hai que gravar as modificacións e quedaría a elaboración da resolución e a súa publicación que depende exclusivamente de Función Pública.


Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...