A creación desta nova axencia está prevista no artigo 10 da lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG do 30/12/2010).  Segundo as declaracións do presidente da Xunta no recente debate de política xeral no parlamento galego, reproducidas na no apartado de novas na páxina web da Xunta, existen previsións da próxima aprobación definitiva no mes de abril.

Xa próxima a referida data anunciada polo presidente da Xunta, a CIG non ten recibido información concreta sobre a reorganización que previsiblemente implicará a plena entrada en funcionamento desta axencia. Así pois, con data do 20 de marzo vimos de solicitar que se realice unha xuntanza para informar sobre os plans de reorganización para a plena entrada en funcionamento da Axencia Tributaria Galega e, nomeadamente, sobre como afectará ao persoal actualmente adscrito á Consellería de Facenda.