Achéganos a Administración a convocatoria da Mesa Xeral de Empregados Públicos para o vindeiro venres, 23 de marzo, ás 12:30h na EGAP. Na orde do día desta mesa trataranse das RPTs do Consello Galego de Relación Laborais e da Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística (documentación achegada anteriormente).

Como aspecto novidoso nesta convocatoria achegan unha orde que regulamenta o procedemento de prolongación da permanencia en servizo activo do persoal funcionario modificado polo artigo 4 da Lei de medidas no emprego público. Descargar documentación.